Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Convocatorias

Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.

Non perdas

193 resultados

  • VI Premio de novela Vilar Ponte

    Cando:

    Dende o 11/03/2024 ata o 30/06/2024

    O Concello de Viveiro publica as bases do VI Premio de Novela Vilar Ponte, unha cita xa tradicional dentro de axenda cultural da vila que naceu co dobre obxectivo de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e difundir a literatura en lingua galega.

  • Obradoiro "A posta en escea da comunicación"

    Cando:

    22/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024

    A Biblioteca Pública Miguel González Garcés organiza un obradoiro de teatro con diferentes propostas prácticas, derivadas das técnicas de comunicación e actorais dirixidas a mellorar a súa capacidade para a oratoria e de proxectarse cara os demais.

  • Curso de manipulador de alimentos e hixiene alimentaria

    Cando:

    25/05/2024

    Inscricións:

    Ata o 22/05/2024

    O Centro de Formación de Cruz Vermella na Coruña organiza un curso para obter os coñecementos e normas básicas necesarias para a manipulación de alimentos

  • Gala homenaxe a Luisa Villalta polas Letras Galegas 2024

    Cando:

    15/05/2024

    A Deputación da Coruña organiza no Teatro Colón un acto poético musical conducido por Yolanda Castaño e Dores Tembrás en homenaxe a Luísa Villalta. Tomando como punto de partida o prólogo de "Música Reservada", 6 artistas inspíranse para compoñer obras musicáis e performativas que dialogan intimamente entre o corpo e o mundo sonoro de Luísa Villalta.

  • Pint of Science 2024

    Cando:

    Dende o 13/05/2024 ata o 15/05/2024

    Pint of Science é un evento de índole internacional que invita aos investigadores máis punteiros a compartir os seus coñecementos nun ambiente relaxado e distendido. Tres días cheos de ciencia nos que os bares se transformarán en escenarios de aprendizaxe e de encontro, onde expertos de diferentes campos compartirán as súas investigacións de maneira accesible e entretida.

  • VII Certame de debuxo e poesía "Avelino Díaz"

    Inscricións:

    Ata o 17/05/2024

    Os Concellos de Meira e Riotorto, en colaboración coa Asociación cultural Avelino Díaz, convocan a sétima edición do certame de debuxo e poesía "Avelino Díaz".

  • Sala Filomatic: maio

    Cando:

    Dende o 03/05/2024 ata o 31/05/2024

    A Sala Filomatic presenta a súa programación de concertos para o mes de maio.

  • V Certame de Poesía e Microrrelato do Concello de Cabanas

    Inscricións:

    Ata o 14/05/2024

    O Concello de Cabanas convoca o V Certame de Poesía e Microrrelato, co obxectivo de fomentar o uso de prestixio da lingua galega, así como dinamizar o uso escrito do galego a través da expresión artística e a creatividade.

  • XII Certame de Microrrelatos Feiraco. Letras Galegas 2024

    Inscricións:

    Ata o 18/05/2024

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e Feiraco Lácteos SL convocan o XII Certame de Microrrelatos Feiraco co fin de promover o coñecemento, uso e divulgación do galego.

  • Bolsas de grao Jesús Serra 2024

    Inscricións:

    Ata o 10/06/2024

    ata as 14:00 h.

    A Fundación Occident (anteriormente Fundación Jesús Serra) lanza a súa convocatoria de Bolsas Jesús Serra 2024 para estudantes de grao de primeira xeración e mozas STEM, destinadas a estudantes que sexan os primeiros da súa familia en ir á universidade ou as primeiras en cursar estudos STEM.

resultados 193

Convocatorias

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión