Concello da Coruña

Concello da Coruña

Identidade dixital

Nesta páxina

Que é?

Do mesmo xeito que usas o teu DNI para te identificares para realizar calquera trámite ou xestión presencialmente, a túa identidade dixital permitirache levar a cabo múltiples xestións co Concello da Coruña comodamente desde o teu móbil ou o teu ordenador, no momento que ti queiras e desde calquera lugar.

Mediante o sistema de identidade dixital do Concello da Coruña, poderás utilizar moitos servizos municipais mediante un proceso simple de rexistro a través dunha conta de correo electrónico e/ou utilizando a túa identificación en redes sociais (Google, Apple, Facebook ou Instagram).

Dependendo do nivel de confianza poderás utilizar todos os servizos existentes ou só algúns deles.

Niveis de autenticación/confianza

Dependendo do servizo municipal ao que queiras acceder, necesitaremos dispoñer de maior ou menor información sobre a túa identidade.

Defínense catro niveis de confianza na identidade da cidadanía. Cada servizo necesitará un nivel mínimo de confianza na identidade do cidadán ou da cidadá e este/a só poderá acceder ao devandito servizo se está identificado/a con ese nivel de confianza ou un superior.

Niveis existentes

Os niveis son os seguintes:

Nivel 1

O medio de identificación foi un rexistro mediante correo electrónico ou entrada cunha rede social (Facebook, Google ou Apple). Neste nivel a persoa só asegura que ten acceso ao correo electrónico que proporcionou. Permitiralle facer trámites e xestións nos que non sexa obrigatorio proporcionar datos da súa identidade, por exemplo, informar dunha incidencia ou fochanca en vía pública, solicitar un colector na súa rúa etc.

Nivel 2

A persoa asociou un número de teléfono móbil coa súa conta e verificou que ten acceso a esa liña telefónica. Este nivel permitiralle votar en procesos participativos.

Nivel 3

Para obter este nivel a persoa proporcionou datos persoais que se comproban cos que obran en posesión do Concello. Un exemplo destes datos poden ser o seu DNI, número de Tarxeta Millennium e código postal de empadroamento. Unha vez verificados, a persoa terá acceso total aos servizos municipais, por exemplo: consultar imposto, descargar certificados de empadroamento etc.

Nivel 4

Neste nivel a identidade real da persoa está comprobada. Pode obterse este nivel acudindo a algunha dependencia municipal para realizar unha identificación presencial ou usando un medio confiable como o sistema Cl@ve. Unha vez que a súa conta de usuario dispoña do nivel 4 poderá iniciar trámites, presentar documentación, asinar solicitudes etc. comodamente dende o seu ordenador ou teléfono móbil.

Que requisitos teño para aumentar o meu nivel de autenticación/confianza?

  • Dispoñer de DNI
  • Ser maior de 14 anos e dispoñer de correo electrónico

A onde teño que acudir para identificarme?

Se dispós de identificación por Cl@ve, certificado dixital ou DNI electrónico pódeste identificar por Internet. En caso contrario, poderás facelo co teu móbil (Android ou iOS) e realizar a identificación presencialmente. Obtén máis información na páxina Activación da identidade dixital cidadá .

Preguntas frecuentes

¿Podo cambiar a miña dirección de correo electrónico ou móbil unha vez creada a conta?

Se. Unha vez iniciada sesión en Identidade dixital podes cambiar os teus datos de contacto desde o teu perfil de usuario. Este correo non pode estar a ser utilizado noutra conta do Concello. Se fose así, entra con ese outro correo e cámbiao para que xa non estea en uso.

¿Que pasa se non me acordo do contrasinal?

Se tes algunha rede social como Facebook, Google, X ou Apple asociada ao mesmo correo que utilizaches para a túa conta do Concello podes identificarche sen necesidade de lembrar o teu contrasinal.

En caso contrario podes elixir identificarche recibindo un código no correo electrónico ou un sms no teu móbil (no caso que introducises o teu número de teléfono móbil no teu perfil).

Tes máis dúbidas?

Podes consultarnos as túas dúbidas por Internet, teléfono ou presencialmente. Elixe o medio que prefiras en Comunícate!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión