Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

24 resultados

  • Bolsas de formación para realizar prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea

    Inscricións:

    Ata o 17/06/2024

    4 bolsas de formación, para persoas cun título universitario ou cun título de formación profesional de grao superior, para realizar prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea nas dependencias da Fundación Galicia Europa en Bruxelas.

  • Bolsas Iberdrola – Museo de Belas Artes de Bilbao

    Inscricións:

    Ata o 19/05/2024

    A Fundación Iberdrola e a Fundación Museo de Belas Artes de Bilbao convocan un concurso para a concesión de dúas bolsas de formaciónen o Departamento de Conservación e a Restauración do museo.

  • 108 bolsas do Programa Retorna Talento FP

    Inscricións:

    Ata o 12/06/2024

    ampliado prazo.

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia.

  • Bolsas de grao Jesús Serra 2024

    Inscricións:

    Ata o 10/06/2024

    ata as 14:00 h.

    A Fundación Occident (anteriormente Fundación Jesús Serra) lanza a súa convocatoria de Bolsas Jesús Serra 2024 para estudantes de grao de primeira xeración e mozas STEM, destinadas a estudantes que sexan os primeiros da súa familia en ir á universidade ou as primeiras en cursar estudos STEM.

  • Bolsas e axudas para o curso 2024-2025 da Fundación Ábaco

    Inscricións:

    Ata o 15/06/2024

    A Fundación Ábaco convoca axudas reintegrables ao estudo para alumnos que durante o curso académico 2024/2025 realicen estudos nos niveis de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e Formación Profesional.

  • 10 bolsas María Teo de formación no Instituto das Mulleres

    Inscricións:

    Ata o 22/05/2024

    O Ministerio de Igualdade convoca bolsas no Instituto das Mulleres para contribuír á formación en materias dirixidas a fomentar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes; a participación das mulleres na vida política, social, cultural e económica; e a eliminación de toda clase de discriminación por razón de sexo.

  • Bolsas para a formación especializada en materia de seguridade nuclear e protección radiolóxica

    Inscricións:

    Ata o 12/06/2024

    6 bolsas para a formación especializada en materia de seguridade nuclear e protección radiolóxica no Consello de Seguridade Nuclear.

  • Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

    Inscricións:

    Dende o 29/04/2024 ata o 28/05/2024

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo de recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico o bacharelato en Galicia.

  • Axudas Injuve para a Creación Nova 2024/2025

    Inscricións:

    Ata o 20/05/2024

    A Dirección Xeral do Instituto da Mocidade convoca as Axudas Injuve para a Creación Nova 2024/2025, destinadas a mozos creadores para proxectos a desenvolver durante o ano 2025 en ámbitos como as artes visuais, escénicas, música, literatura, deseño, cómic e ilustración.

  • Bolsas de introdución á investigación "JAE Intro"

    Inscricións:

    Ata o 20/05/2024

    300 bolsas para iniciar a estudantes universitarios na carreira científica nas diferentes áreas globais do CSIC (Vida, Sociedade e Materia), a través de estancias nos grupos de investigación que desenvolvan o seu labor nas diferentes estruturas de investigación (EI) coas que conta este organismo.

resultados 24

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión