Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Convocatorias

Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.

Non perdas

215 resultados

  • Campos de voluntariado noutras Comunidades Autónomas

    Inscricións:

    Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024

    ás 14:00 h. Prazas libres: do 4 de xuño ata 5 días antes do inicio do campo.

    A Xunta de Galicia oferta prazas en campos de voluntariado na Rioxa, Aragón, Baleares, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Ceuta, Estremadura, Euskadi, Madrid, Melilla e Navarra.

  • VII Festival RESIS

    Cando:

    Dende o 03/05/2024 ata o 09/06/2024

    A 7ª edición do Festival de Música Contemporánea Resis, organizado pola Asociaición Aïs coa colaboración do Concello da Coruña, converte un ano máis A Coruña en referente internacional da música contemporánea con concertos e outras actividades en diversos espazos singulares da cidade.

  • Acceso e admisión ás Ensinanzas Superiores de Deseño, curso 2024-2025

    Inscricións:

    1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.

    2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2024/25.

  • Acceso e Admisión ás Ensinanzas Superiores de Arte Dramática, curso 2024-2025

    Inscricións:

    1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.

    2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2024-2025.

  • Acceso e admisión ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais, curso 2024-2025

    Inscricións:

    1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até 21 de maio.

    2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até 25 de xuño.

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2024-2025.

  • Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Música, curso 2024-2025

    Inscricións:

    Ata o 21/05/2024

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2024-2025.

  • 3 prazas de arquitecta técnica ou arquitecto técnico do Concello da Coruña

    Inscricións:

    Ata o 28/05/2024

    O Concello da Coruña convoca proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, 3 prazas de arquitecta técnica ou arquitecto técnico. O sistema de selección será o de oposición.

  • 6 prazas de Traballadora ou Traballador social no Concello da Coruña

    Inscricións:

    Ata o 28/05/2024

    O Concello da Coruña convoca proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, 6 prazas de traballadora ou traballador social. O sistema de selección será o de oposición.

  • Ciclo Biblioteca Verde: Naturaliza o teu barrio

    Cando:

    Os días 02/05/2024, 16/05/2024, 11/06/2024

    As Bibliotecas Municipais organizan un novo ciclo de actividades enmarcadas dentro do programa de encontros participativos Biblioteca Verde. Baixo o título "Naturaliza o teu barrio", exploraranse diversos aspectos vinculados ao coñecemento e aproveitamento da contorna natural na Coruña.

  • 45º Salón de Outono de Fotografía de Sagunto

    Inscricións:

    Ata o 31/07/2024

    A Fundación Bancaja lanza en Sagunto unha nova edición do certame fotográfico "Salón de Outono de Fotografía", que cumpre xa 45 edicións.

resultados 215

Convocatorias

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión