- produtiva: marisqueo, turismo, gastronomía etc.
- ecolóxica: zona húmida de importancia autonómica, en incipiente proceso de rexeneración natural e con presenza dun crecente número de especies, especialmente de aves, que incrementa a súa biodiversidade.
- social: uso e goce público das áreas das ribeiras para o lecer, o deporte ou as actividades didácticas, culturais e divulgativas, entre outras.
Posicionamento
A relevancia deste espazo e da conca do río Mero ponse de manifesto por:
- o seu efecto de corredor natural e vertebrador entre os concellos, ao conectar os diferentes espazos naturais de relevancia da súa contorna metropolitana
- favorece a mobilidade sostible
- xera unha grande área de esparexemento e de contacto coa natureza
- proporciona tamén opcións de mobilidade branda e de conexión entre os concellos da súa contorna, tanto ribeiregos como de interior, relacionados polos percorridos fluviais da ría
- ofrece un potencial para a posta en marcha dunha estratexia de turismo sostible ou "ecoturismo" con eses espazos como eixos vertebradores e de nexo común entre os concellos integrantes
Obxectivos de acción mancomunada
- Promover a rexeneración ecolóxica da ría para recuperar a multifuncionalidade do ecosistema (produtiva, ecolóxica e social) implicando a administracións e colectivos sociais.
- Crear, polo tanto, un comité científico asesor que acompañe o proxecto de dragaxe dos lodos da ría previsto polo Ministerio de Fomento.
- Mellorar a calidade das augas: erradicación dos puntos de vertedura e restauración das zonas deterioradas.
- Favorecer un desenvolvemento urbanístico das ribeiras da ría que conserve o patrimonio natural e cultural.
- Avaliar a viabilidade dunha figura de protección (por ex.: Espazo Natural de Interese Local, Humidal Protexido, Reservas Naturais Fluviais...), que permitirá establecer medidas preventivas de novos episodios de degradación.
- Contribuír á conectividade da ría con outros espazos naturais da contorna e promover o turismo sostible.
- Procurar vías de financiamento e investigación baseadas noutras experiencias nacionais e internacionais.
Plan de acción
Propóñense tres liñas de actuación para o deseño e a posta en marcha de accións coordinadas:
A) MELLORA AMBIENTAL
- Optimización do saneamento de todos os concellos implicados: proposta de seguimento de todas as verteduras, priorizando investimentos e mellora nas súas redes de saneamento.
- Posta en marcha dun programa coordinado de mapeo e erradicación de especies invasoras nas ribeiras da ría do Burgo.
- Posicionamento común en relación co proxecto de dragaxe ambiental dos sedimentos da ría do Burgo.
B) CONSERVACIÓN E POSTA EN VALOR
- Establecer unha figura de protección e recuperación ambiental que contemple medidas preventivas de degradación e accións de promoción socioeconómica.
- Elaborar un plan de conservación e dinamización da contorna da ribeira que promova o desenvolvemento de actividades produtivas conservando os valores naturais e culturais da ría.
- Solicitude conxunta de medios ás administracións autonómica e estatal para a recuperación da ría máis aló da súa dragaxe.
- Establecer a conectividade peonil que fortaleza a ría como espazo de conexión natural e corredor verde entre os espazos naturais máis relevantes da área metropolitana:
- A Coruña: ENIL Illas de San Pedro (en proceso), Punta Herminia e Torre de Hércules (Patrimonio da Humanidade)
- Cambre e Abegondo: ZEC Encoro de Cecebre
- Oleiros: ZEC Costa de Dexo-Serantes
- Arteixo: ZEC Costa da Morte
- Sada: Costa Doce
- Accións de participación, educación e comunicación ambiental dirixidas á comunidade educativa, a poboación local e as persoas visitantes, sobre os valores naturais da ría e os seus percorridos,
C) PROMOCIÓN SOCIOECONÓMICA
- Desenvolver unha estratexia de turismo sostible (Ecoturismo) conxunta, coa ría como punto de relevancia ornitolóxica e toda a conca do río Mero como eixo vertebrador e de conectividade, potenciando os recursos educativos e interpretativos.
- Incorporación do plan de transporte metropolitano e recuperación do transporte de proximidade do ferrocarril para establecer unha vía de mobilidade branda que permita a conexión entre a cidade central e a área metropolitana.
- Buscar solucións de baixo impacto que preserven os valores naturais da ría como valor preferente ao deseñar as áreas de lecer e percorridos peonís e ciclables.
- Promoción do emprego ambiental, produción ecolóxica na Reserva da Biosfera e recoñecemento do marisqueo como motor fundamental do desenvolvemento da ría do Burgo.
- Captación de fondos e proxectos europeos.
Calendario proposto
- Plan de eliminación de puntos de vertedura. Decembro de 2017
- Mapeo de especies invasoras (vexetais e animais) nas ribeiras e áreas de influencia dos espazos mencionados. Marzo de 2017
- Plan de erradicación de especies invasoras nas ribeiras e áreas de influencia da ría do Burgo. Xuño de 2017- Decembro de 2018
- Determinación da figura legal de protección e conservación da ría do Burgo e estudos técnicos preliminares. Febreiro de 2017
- Plan de conservación e manexo. Marzo de 2018
- Declaración de espazo protexido baixo a fórmula legal máis adecuada. Marzo de 2018
- Estratexia de Turismo Sostible Integrada. Decembro de 2018
- Desenvolvemento dunha campaña conxunta de comunicación e de posta en valor da ría do Burgo e a conca do río Mero.
- Conectividade peonil e ciclable dos diferentes espazos naturais protexidos a través dos espazos citados. Xaneiro de 2019
Actas
Acta da reunión do 25 de maio de 2016
Acta da reunión do 6 de setembro de 2016