A actividade de natación prenatal ten carácter mensual e desenvólvese na piscina municipal de Riazor durante todo o ano (agás no período de peche anual da instalación).
HORARIOS:
Para poderse inscribir é necesario aboar a taxa en calquera dos rexistros de Deportes, preferentemente concertando unha cita previa.
A inscrición mensual actívase a semana anterior ao mes en que se queira realizar a actividade.
TARIFA 2024:
Natación prenatal - tarifa mensual 7,00 € (Ordenanza fiscal núm. 15, apartado 15.5)
PRAZAS DISPOÑIBLES E MATRÍCULA EN LIÑA
Para a consulta de prazas libres, así como para a matrícula telemática*, é necesario acceder á plataforma en liña do Servizo Municipal de Deportes: Acceso a Cronos web.
Recomendamos consultar a Guía de acceso a Cronos Web - Natación Prenatal
Para que a matrícula sexa efectiva haberá que aboar a taxa correspondente e subir á plataforma o documento de inscrición, que se pode descargar na seguinte ligazón: Documento de inscrición - Natación prenatal
*A matrícula presencial tamén está dispoñible, como habitualmente.
PRAZAS DISPOÑIBLES (Actualizadas a 22/04/2024):
CÓDIGO | ACTIVIDADE E HORARIO | PRAZAS LIBRES |
4848 | NATACIÓN PRENATAL MENSUAL RIAZOR LU 16.30-17.15 H - ABRIL | 6 |
4849 | NATACIÓN PRENATAL MENSUAL RIAZOR ME 16.30-17.15 H - ABRIL | 3 |
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible