Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de mayo de 2024

O XXVIII Día da Ciencia na Rúa congrega hoxe en Santa Margarida a un milleiro de alumnos e profesores de centros escolares e universitarios galegos

A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor a continuidade no tempo e o impacto desta iniciativa organizada polo Concello, “que fomenta que as novas xeracións amosen a súa creatividade, interese científico e espíritu crítico”

O parque de Santa Margarida acolle hoxe, ata as 19.00 horas, o Día da Ciencia na Rúa, unha iniciativa de divulgación científica e cultural impulsada polo Concello, que cumpre este ano a súa XXVIII edición sendo fiel á súa esencia orixinal: achegar a cidadanía aos eidos da bioloxía, tecnoloxía, matemáticas e física a través de múltiples proxectos creados nos centros educativos galegos.

A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta mañá os postos onde 54 centros escolares e seis centros universitarios das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra expuxeron as súas propostas. Máis dun milleiro de persoas, entre alumnado e profesorado, toman parte hoxe na xornada de actividades en Santa Margarida, que se prolongará ata finais da tarde. 

Rey puxo en valor a continuidade no tempo do Día da Ciencia na Rúa, premiado o ano pasado pola plataforma científica Scientix, organismo respaldado por la Comisión Europea, en base ao impacto interxeracional e alcance social dunha proposta que "ademais de axudar a estreitar lazos entre as persoas participantes, fomenta que as novas xeracións amosen a súa creatividade, interese científico e espíritu crítico". A rexedora destacou, ademais, "a importancia do Día da Ciencia na Rúa á hora de axudar ás nenas e nenos a expoñer as súas ideas, facendo de revulsivo para desenvolver o seu talento de forma natural".

Entre os proxectos que hoxe saltaron das aulas aos postos houbo espazo para a Intelixencia Artificial, experimentos asociados ao cambio climático, un estudo e observación dos túneles de vento, xogos matemáticos e de educación ambiental e tamén unha simulación da ecolocalización de morcegos, entre máis propostas.

A programación da xornada inclúe, ademais, diversas actividades paralelas ideadas para o gozo das persoas visitantes. Entre elas, un concerto da Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) que tivo lugar ao mediodía, ou un espectáculo de monólogos científicos da man de Galicia Calidade, que terá lugar desde as 17.30 horas.

Ademais, co gallo da programación do Día da Ciencia na Rúa, o Concello impulsa hoxe unha xornada de portas abertas na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, os tres centros que integran a rede de Museos Científicos Coruñeses. Na Casa das Ciencias, por exemplo, haberá unha programación especial de sesións en directo no planetario.

"Somos a cidade de España con máis museos científicos por habitante, mais o importante non é cantidade como tal, senón o legado que deixan a cada unha das persoas que os visita. Pola Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae pasan cada ano milleiros de nenos, nenas e adultos que aprenden a valorar todo o que a ciencia e a investigación achegan á nosa sociedade", indicou Rey, acompañada hoxe en Santa Margarida polas concelleiras e concelleiros Francisco Díaz Gallego, Nereida Canosa, Juan Ignacio Borrego e Diana Cabanas.

O Día da Ciencia na Rúa é unha iniciativa organizada polo Concello -a través da rede de Museos Científicos Coruñeses- en estreita colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Cátedra Emalcsa-UDC, co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión