Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de febreiro de 2021

O Goberno local busca dar os primeiros pasos na construción do novo CHUAC

Levará esta semana a pleno o cambio de uso dunha parcela en Eirís co fin de que soporte parte das futuras instalacións e tal e como se comprometeu a alcaldesa, Inés Rey, co presidente da Xunta, Núñez Feijóo, na firma do convenio o pasado 1 de febreiro

O Goberno local levará ao pleno do próximo xoves o cambio de uso da parcela inserida na Área de Planeamento Incorporado API R31 "Parque de Eirís", co fin de que soporte parte das instalacións do novo Chuac. A modificación permitiralle ao Concello dar os primeiros pasos no planeamento municipal de cara á construción do hospital espello e ratificará o compromiso adquirido pola alcaldesa, Inés Rey, na firma do convenio coa Xunta de Galicia o pasado 1 de febreiro.

Deste modo, o Concello desbloqueará un dos proxectos esenciais para o futuro da Coruña e blindará a sanidade pública. Para Rey, trátase dunha aposta decidida non só para a cidade da Coruña, "senón tamén para a nosa área metropolitana e para toda Galicia" e recordou que neste momento "a política ten que servir, máis ca nunca, para ofrecer solucións".

Froito dese diálogo mantido entre ambas as administracións, a rexedora recordou que se garantirá a titularidade e xestión públicas desta nova infraestrutura, que dobrará a superficie hospitalaria actual até acadar os 225.000 metros cadrados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión