Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xullo de 2021

O Concello da Coruña e a Xunta de Galicia homenaxean a Piazzola cun concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia o vindeiro venres 30 na praza de María Pita

O recital, que se celebra no marco do Xacobeo 21-22, inaugurará as Festas de María Pita

A Orquestra Sinfónica de Galicia homenaxeará ao compositor Astor Piazzola polo seu centenario cun concerto que se celebrará o vindeiro venres 30 ás 22.00 horas, na praza de María Pita. A colaboración do Concello da Coruña e da Xunta de Galicia fará posible este recital no marco dos eventos de celebración do Xacobeo 21-22. Neste concerto, que será o primeiro da programación das Festas de María Pita, a formación ofreceralle ao público "Piazzola Sinfónico", un programa dirixido por Juan José García Caffi no que repasará o repertorio do arxentino cando se cumpren cen anos desde o seu nacemento.

Despois dun ano en que a OSG completou a súa tempada de abono no Coliséum, a agrupación orquestral regresará á súa localización habitual no Pazo da Ópera, onde realizará os ensaios para o concerto deste venres.

Este concerto ao aire libre na praza de María Pita responde a unha das demandas das coruñesas e coruñeses de poder desfrutar de novo da OSG e ao obxectivo do Goberno de Inés Rey de achegar a súa música a todos os públicos. As invitacións para este recital poderán descargarse desde mañá, ás 10.00 horas, a través da páxina corunacultura.sacatuentrada.es.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión