Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de outubro de 2021

O Concello da Coruña aporta 100.000 euros ás entidades sociais da cidade para o desenvolvemento de proxectos

Un total de 36 asociacións beneficiaranse das axudas promovidas pola concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación

O Concello da Coruña ven de facer pública a resolución provisional de axudas públicas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro da cidade. O obxectivo destas achegas é o desenvolvemento de actividades e proxectos de interese social durante o 2021.

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación que dirixe Yoya Neira aportará 100.000 euros a asociacións de diferentes ámbitos. A finalidade destas subvencións é a cooperación municipal en actividades ou proxectos de promoción e reinserción social, a prestación de servicios sociais e, en xeral, accións que persigan un interese social.

Un total de 36 asociacións da cidade recibirán achegas municipais a través destas axudas. As entidades teñen de prazo ata o 3 de novembro para aceptar ou renunciar a dita subvención. Oito das beneficiarias obtiveron a cantidade total solicitada: Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Gallega de Hemofilia, Federación gallega de Enfermedades raras, Fundación Ecca, Alcer Coruña, Asociación Gallega de Fibrosis Quística, Asociación de personas sordas de A Coruña, AAVV Castrillón-Soto IAR.

Algúns exemplos de proxectos presentados polas entidades son o mantemento do servicio de ropeiro en Padre Rubinos, a reinserción e o recoñecemento social a través da xardinería da Asociación Cultural Zalaeta ou a estimulación cognitiva e psicomotricidade en persoas con Alzheimer de AFACO.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión