Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de marzo de 2023

O Concello culminará o luns a recuperación dos xardíns de San Carlos con tres novos olmos resistentes á grafiose

Inés Rey: “Tal e como nos comprometaramos, repoñemos os exemplares por unha nova variedade resistente á enfermidade garantindo a súa supervivencia”

O Concello culminará o luns a recuperación do xardín de San Carlos con tres novos olmos resistentes á grafiose, unha das enfermidades máis perigosas da especie e que está acabar con olmedos de toda Europa. Os xardíns están abertos ao público desde o pasado mes de novembro logo dos traballos para a súa renovación.

San Carlos é un dos espazos emblemáticos recuperados polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de poñer en valor o patrimonio histórico e cultural da cidade, xunto cos xardíns de Méndez Núñez ou a renovada praza do Humor. Supuxo un investimento de máis de 250.000 euros que redundaron na recuperación do seu trazado orixinal así como a instalación de diversos elementos divulgativos con información histórica, cultural e botánica, entre outras actuacións.

Durante os traballos de restauración dos xardíns, os técnicos detectaron a presenza de grafiose en tres olmos. Para evitar a súa propagación e posibles afeccións en outros exemplares, retiráronse os olmos para reemplazalos posteriormente por uns novos inmunes á enfermidadade. "Tal e como nos comprometeramos, repoñemos os tres exemplares por unha nova variedade resistente a esa enfermidade, garantindo a súa supervivencia así como a do conxunto do olmedo, que é ademais, o único protexido de Galicia".

O vindeiro luns comezarán os traballos para instalar estes tres novos exemplares da especie "Ulmus minor azimut", variedade resistente ao fungo "ophiostoma novo-ulmi" que provoca a grafiose; traballos que culminarán a recuperación dos xardíns históricos. Os novos exemplares teñen entre 3,5 e 4 metros e oito anos de idade. Proceden dun clon seleccionado por expertos da Universidade Politécnica de Madrid que levan dúas décadas buscando variedades resistentes á grafiose. O catedrático Luis Gil, un dos maiores especialistas en olmos de Europa, asesorou o Concello para buscar a mellor solución posible para a recuperación do olmedo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión