Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de outubro de 2021

O Concello abre o prazo de presentación para o concurso fotográfico “Calendario Municipal 2022”

Trátase dun certame aberto a toda a cidadanía en que se poderán propor até o 5 de novembro un máximo de tres imaxes para o almanaque municipal, que versarán sobre o patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxística da nosa cidade

O Concello da Coruña abrirá mañá, 5 de outubro, o prazo de presentación de propostas para participar no concurso fotográfico 'Calendario Municipal 2022', que servirá para seleccionar as 12 fotografías actuais que forman parte do almanaque que o ente municipal edita cada ano -que se completa con 12 imaxes antigas- e, en caso de decidilo así o xurado, elixir tamén a foto da primeira páxina do mesmo.

Nesta edición, a temática das fotografías versará sobre o patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico do municipio. Terase en conta a representatividade do patrimonio cultural da fotografía, a calidade técnica e a orixinalidade da imaxe.

As persoas que queiran participar poderán facelo até o 5 de novembro cun máximo de tres fotografías horizontais e en cor, cuxo formato será un arquivo dixital en formato JPG cun mínimo de 3 megapíxeles e sen levar ningunha marca identificativa da súa autoría. Os traballos deberanse enviar ao enderezo electrónico concursofotografico@coruna.es, como arquivo inserido -no caso de que o envío teña máis dunha fotografía, deberá ser un arquivo Zip- ou pola plataforma We Transfer, e indicando no asunto do correo a lenda 'Concurso calendario municipal 2022'. As bases completas do certame están dispoñibles na páxina principal da web municipal, www.coruna.gal.

As persoas gañadoras desta edición recibirán como premio un libro de fotografia e un ano de acceso gratuíto aos museos municipais da Coruña para dúas persoas, ademais de dez copias do almanaque, no que aparecerán publicadas as fotografías gañadoras coa sinatura dos autores e das autoras.

Documentos:

concurso (114 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión