Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de setembro de 2021

Inés Rey: “O Estado salda hoxe unha débeda histórica cos barrios de Palavea, Pedralonga e Eirís”

A alcaldesa lembrou no inicio das obras de construción da nova pasarela de Pedralonga que o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa cidade materialízase en “investimentos que superan os 400 millóns de euros”

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, destacou durante a súa intervención no inicio das obras de construción da Pasarela de Pedralonga o compromiso do Goberno central coa cidade da Coruña: "O Estado salda hoxe unha débeda histórica cos barrios de Palavea, Pedralonga e Eirís". Lembrou que a implicación do Executivo de Pedro Sánchez coa Coruña materialízase en "investimentos que superan os 400 millóns de euros.

"Moitas foron as palabras, as promesas e os compromisos dos diferentes gobernos, mais escasos os feitos para facer realidade unha actuación necesaria, de seguridade e de conexión de dous barrios da cidade cos que se estaba en débeda", sinalou Rey. Asegurou que a veciñanza levaba agardando máis dunha década por un itinerario peonil seguro, "algúns xogaban literalmente a vida para atravesar as dúas beiras de Alfonso Molina".

O Goberno de Pedro Sánchez priorizou dentro das actuacións previstas polo ministerio na cidade da Coruña esta obra que é a primeira deses fondos Next Generation que chegan a Galicia. Un compromiso que non queda aquí, pois no último ano os feitos tamén deron mostra dese compromiso do Goberno do Estado con infraestruturas que levaban tempo sendo demandadas pola cidade e pola veciñanza. A rexedora destacou, entre outras, a conexión ferroviaria a Punta Langosteira, a dragaxe da ría do Burgo, a Estación Intermodal, a renovación integral do sistema de iluminación da cidade, as obras do Porto Exterior ou a reforma do edificio de Veeduría.

Rey apuntou que esta senda segura entra nas políticas de mobilidade que leva desenvolvendo o Goberno municipal nos dous últimos anos: "A Coruña é unha cidade que camiña, unha cidade que aposta por unha mobilidade sostible, saudable e segura, e que leva aparellada un cambio de modelo de cidade no que xa estamos inmersos con máis de 35 intervencións que supoñen un investimento de máis de 7 millóns de euros".

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, indicou que a pasarela de Pedralonga "é o inicio da remodelación singular que desde xa acometemos en Alfonso Molina, que terá un orzamento global de 24 millóns de euros".

A alcaldesa asistiu a esta presentación do inicio das obras da pasarela de Pedralonga xunto co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage; o edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada; e o xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González del Río.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión