Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

10 de decembro de 2023

Este luns 11 abre o prazo de inscrición nos obradoiros e festas infantís de Nadal dos centros cívicos

Mañá tamén está previsto abrir o prazo de solicitudes para participar nos obradoiros de cociña infantil de Nadal que se levarán a cabo nos mercados municipais entre os días 22 e 29 de decembro

O Concello da Coruña abrirá mañá, luns 11, o prazo de inscrición nos obradoiros e festas infantís de Nadal que terán lugar nos Centros Cívicos Municipais (CCM) desde o xoves 21. Todas as actividades serán de balde, formalizando previamente a solicitude de forma presencial.

Esta programación, habilitada pola Área de Benestar Social co obxectivo de facilitarlle ás familias unha ferramenta de conciliación familiar durante as vacacións escolares de Nadal, está ideada para as nenas e nenos de ata 12 anos, que tamén poderán gozar coas visitas de Papá Noel e os Reis Magos aos CCM, previstas ata finais de mes.

Cómpre lembrar que, no caso dos obradoiros infantís e as festas de Nadal nos CCM, as entradas adxudicaranse por orde de inscrición ata completarse a capacidade prevista. O desagregamento das actividades, por data, horario e localizacións, é o seguinte:

Visitas de Papá Noel aos Centros Cívicos Municipais

  • 21 de decembro (18.30 a 20.30 horas): CCM's de Feáns, Castro de Elviña e Artesáns.
  • 22 de decembro: CCM's de Pescadores, Visma e Sagrada Familia (18.30 a 20.30 horas) e A Silva (neste caso, de 18.00 a 20.00 horas).
  • 23 de decembro (11.30 a 13.30 horas): CCM de Santa Lucía.

Obradoiros infantís de Nadal nos Centros Cívicos Municipais

  • 21 de decembro (17.30 a 19.00 horas): Obradoiros de candeeiros, bolas de Nadal e elfos nos CCM's de Feáns, Castro de Elviña e Artesáns.
  • 22 de decembro (17.30 a 19.00 horas): Obradoiros de candeeiros, elfos e bolas de neve nos CCM's de Pescadores, Visma, Sagrada Familia e A Silva.
  • 23 de decembro (10.30 a 12.00 horas): Obradoiro de candeeiros e bolas de neve no CCM de Santa Lucía.

Festas infantís nos Centros Cívicos Municipais, con visita dos Reis Magos

  • 26 de decembro (17.30 a 20.30 horas): CCM's de Labañou, Cidade Vella e Castrillón.
  • 27 de decembro (17.30 a 20.30 horas): CCM's de San Diego, Monelos e Os Rosales.
  • 28 de decembro (17.30 a 20.30 horas): CCM's de Mesoiro, Monte Alto e Eirís.
  • 29 de decembro (17.30 a 20.30 horas): CCM's dos Mallos e Novoboandanza.
  • 30 de decembro (17.30 a 20.30 horas): CCM's de Palavea e Elviña.

Inscrición nos obradoiros de cociña infantil nos Mercados Municipais

En paralelo, tamén este luns 11, habilitarase o prazo de inscrición nos obradoiros de cociña infantil de Nadal que terán lugar entre os días 22 e 29 de decembro nos Mercados Municipais Coruñeses. As actividades, ideadas para nenas e nenos de entre 7 e 12 anos, serán de balde, até completarse o máximo de capacidade previsto.

As datas e localización dos obradoiros, que terán lugar sempre en horario de 11.00 a 13.00 horas, son as seguintes:

  • 22 de decembro: Mercados de Durmideiras e Elviña.
  • 23 de decembro: Mercados de Monte Alto e Eusebio da Guarda.
  • 27 de decembro: Mercados das Conchiñas e San Agustín.
  • 28 de decembro: Mercados de Elviña e Monte Alto.
  • 29 de decembro: Mercados de Eusebio da Guarda e San Agustín.

O prazo de inscrición, que se abrirá mañá ás 10.00 horas, estará habilitado ata as 14.00 horas do mércores 13. Neste sentido, o formulario de inscrición necesario para cumplimentar a inscrición xa está dispoñible, tanto nos propios Mercados Municipais como na páxina web do Concello, adxunto nesta mesma nova.

A adxudicación das prazas terá lugar o martes 19 de decembro.

Documentos:

Formulario de inscrición nos Obradoiros de Cociña Infantil nos Mercados Municipais (253 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible