3 de octubre de 2022
Entre o martes 4 e o xoves 6, levaranse a cabo tres percorridos guiados polas rúas Juan Flórez, o barrio de Elviña e Fundación Barrié, achegando ás persoas asistentes a obra de Vázquez Molezún
O salón de mostras do Pazo Municipal de María Pita acolleu esta tarde, ás 19.00 horas, o acto de presentación da terceira edición da Semana da Arquitectura, unha iniciativa promovida polo Concello desde o ano 2020, co apoio da Universidade da Coruña, a Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC), a Fundación Luis Seoane e a colaboración da Fundación Barrié.
A alcaldesa, Inés Rey, acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, puxo en valor os obxectivos desta proposta cultural-urbanística, que nesta terceira edición homenaxea ao arquitecto coruñés Ramón Vázquez Molezún co gallo do centenario do seu nacemento.
"O legado urbanístico de Vázquez Molezún segue estando presente na nosa cidade, e o Goberno municipal que presido asumiu o compromiso de aportar visibilidade ao seu traballo, que contribuiu a modernizar a arquitectura da cidade aportando o seu coñecemento da técnica constructiva da Coruña á súa experiencia vital polas principais urbes do continente europeo, tendo sempre en conta a nosa propia identidade", subliñou esta tarde Inés Rey, no acto de apertura á cidadanía da exposición 'Ramón Vázquez Molezún. 5+5 obras coruñesas'.
Neste sentido, e durante os vindeiros días, tamén se levarán a cabo tres percorridos guiados pola obra de Vázquez Molezún nas rúas do Ensanche, o barrio de Elviña e a Fundación Barrié. Os dous primeiros, de acceso libre para a cidadanía, e o terceiro, na Fundación Barrié, limitado a doce prazas.
As persoas interesadas en inscribirse nos tres roteiros poden facelo remitindo a súa solicitude, xunto aos seus datos persoais, ao correo semanaarquitectura2022@coruna.gal.
As datas e os horarios dos percorridos son os seguintes:
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible