Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de setembro de 2021

Cidade Xardín e Barrio das Flores, protagonistas da Semana da Arquitectura 2021

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, sinala que esta cita permitirá coñecer dous barrios de dúas épocas históricas e arquitectónicas moi diferentes e que representan modelos de crecemento contrapostos O Goberno local de Inés Rey dálle continuidade a unha iniciativa que comezou o ano pasado e que forma parte do compromiso da cidade coa súa Escola de Arquitectura

Co motivo do Día Mundial da Arquitectura que se celebra o vindeiro 4 de outubro, o Concello en colaboración co Colexio de Arquitectos da Coruña impulsa a Semana de Arquitectura 2021, unha iniciativa que terá como protagonistas a arquitectura de Cidade Xardín e do Barrio das Flores. Dous barrios de dúas épocas históricas e arquitectónicas moi diferentes e que representan modelos de crecemento contrapostos, tal e como explicou o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada no acto de presentación da Semana de Arquitectura.

Villoslada, lembrou esta mañá que o Goberno local de Inés Rey dálle continuidade a unha iniciativa que comezou o ano pasado e que forma parte do compromiso da cidade coa súa Escola de Arquitectura. Hoxe, resaltou, presentamos a Semana da Arquitectura 2021 froito de dita colaboración e coa finalidade de dar a coñecer a arquitectura "a través da análise de dous barrios emblemáticos da cidade: a Cidade Xardín e o Barrio das Flores".

Dous barrios, recordou, que cumpren 100 e 50 anos respectivamente, 100 anos do inicio da Cidade Xardín e 50 anos da finalización da última das Unidades Veciñais do Barrio das Flores, a unidade veciñal número 4 de Andrés Fernández-Albalat, ao que homenaxeamos na semana da arquitectura de 2020. "Dous barrios que representan modelos de crecemento contrapostos, pero dos que podemos aprender moito mediante a súa análise e coñecemento", dixo.

Villoslada agradeceulle a súa colaboración ás institucións que organizaron co Concello a programación da Semana da Arquitectura 2021: a Escola de Arquitectura e a Fundación Luís Seoane, e en concreto ao equipo directivo da Escola, aos grupos de investigación de Historia da Arquitectura e de Composición Arquitectónica e Patrimonio, e a directora da Fundación Luís Seoane, Silvia Longueira.

A Semana da Arquitectura comezará o venres 1 de outubro, mais antes terá lugar a inauguración na Fundación Luís Seoane da exposición "Parellas", do fotógrafo Manuel Sendón. E o venres inaugurarase mediante unha charla do profesor José Ramón Alonso Pereira a exposición "Aprendendo da Cidade Xardín", comisariada por Patricia Sabín e Enrique Blanco na Sala Municipal de Exposicións de María Pita.

O programa inclúe unha semana de actividades nas que se realizarán visitas ao Barrio das Flores e a Cidade Xardín e dúas xornadas de charlas que contará coa presenza de arquitectos e profesores de arquitectura como Carlos Sambricio, Miguel Toba, Fernando Agrasar, Antonio Río, Cristina Pardo, Belén Vaz, Miguel Abelleira, Patricia Sabín ou Juan Caridad.

Este ano como novidade haberá sesión de cine na Igrexa da Resurrección con filmes relativos ao Barrio das Flores e pecharase a semana o día 8 de outubro cun programa especial de radio.

Pola súa banda, o director da Escola de Arquitectura, Plácido Lizancos, destacou que a arquitectura é unha formidable disciplina; "apoia a actividade económica, crea cultura, pero moi especialmente é unha ferramenta para crear os nosos espazos habitados. A cidade na que todas e todos nos realizamos". E felicitou o Goberno local "por celebrar a arquitectura".

Destacou o valor da Cidade Xardín e os Barrio das Flores, dúas pezas tan distintas entre si, pero que gardan certas características comúns. Lizancos anticipou que ambas foron construídas de maneira unitaria, levantáronse máis alá dos límites da cidade e que contan con pezas arquitectónicas de grande interese dentro delas. E lembrou que teñen en común o seu alto descoñecemento polo conxunto da cidadanía "situación que imos intentar paliar".

Silvia Longueira, directora da Fundación Luís Seoane, invitou a cidadanía a visitar a exposición inédita do fotógrafo Manuel Sendón, "Parellas" ; que fala desas unidades habitacionais que conforman as casas baratas de Juan Canalejo e como o decorrer do tempo foi cambiando a súa fisionomía."Una mostra con dobre lectura, por un lado, falan do discurso a deriva da arquitectura nas cidades e dos discursos e a deriva das persoas que integran esa arquitectura", explicou.

A programación completa estará dispoñible na web do Concello. Nas actividades do Barrio das Flores poderá participar que o desexe até completar a capacidade limitada polas restricións vixentes, mentres que nas actividades de Cidade Xardín é necesario inscribirse no seguinte correo:   semanadaarquitectura2021@coruna.gal

Documentos:

DipA5_SemanaArquitectura-3.pdf (1 MB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión