Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de febreiro de 2024

Carlangas y Los Cubatas, concerto estrela do Entroido coruñés

A formación do cantante compostelán actuará este luns 12 na praza de María Pita a partir das 21.00 horas

Carlangas y Los Cubatas será o concerto estrela da programación municipal do Entroido coruñés. O Goberno de Inés Rey volve apostar pola música en directo para complementar os numerosos actos festivos que se celebran estes días na cidade, nunha das festas con maior tradición.

O concerto terá lugar na praza de María Pita este luns 12 a partir das 21.00 horas. Carlangas y Los Cubatas é o novo proxecto de Carlos Pereiro, cantante e guitarrista galego coñecido por formar parte de Novedades Carminha. O pasado ano publicou o seu primeiro disco en solitario, no que contou coa colaboración de artistas da talla de Manu Chao, Baiuca ou Grande Amore.

Nesta ocasión, chega á Coruña co seu novo proxecto Carlangas y Los Cubatas, formado xunto a Julián Goicoa, Brais R. Otero, Fiz García e Fer Areal, con novas cancións, novos ritmos e novas melodías. Presentarán o seu próximo proxecto discográfico, que leva por nome 'Bailódromo vol. 1' e será unha revisión de diferentes estilos que convidan ao baile, desde a música disco ao punk ou aos ritmos latinos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión