Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de febreiro de 2024

As agrupacións ‘Troula Seguido’ e ‘Os mismos de sempre’ gañan o concurso do multitudinario desfile do Entroido da Coruña

Unhas 16.000 persoas seguiron o percorrido das comparsas e carrozas ao seu paso polas rúas do centro da cidade. Na celebración participaron 25 asociacións da cidade e de diversos puntos da xeografía galega

As agrupacións 'Troula Seguido' e 'Os mismos de sempre' gañaron o concurso de comparsas do desfile de Entroido, celebrado este sábado nas rúas da Coruña. Unhas 16.000 persoas seguiron o paso das agrupacións e das carrozas polo centro da cidade.

Nesta edición houbo un total de 25 asociacións da cidade e de distintos puntos de Galicia inscritas, das cales 21 participaron no concurso de comparsas, na modalidade de vestiario, coreografía e orixinalidade, e carrozas. O xurado, que se situou nas oficinas do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) na Casa Paredes, estivo formado por representantes institucionais do Concello, do propio IMCE e da Asociación de Coros e Danzas Eidos. así como por profesionais do tecido cultural da cidade.

Os vehículos e as comparsas partiron de San Andrés e desfilaron polo Cantón Grande e a avenida da Marina ata Porta Real, por onde accederon á praza de María Pita. A banda portuguesa Kumpania Algazara amenizou a chegada dos participantes. 

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, foi a encargada de entregar os premios ás comparsas e carrozas gañadoras. A rexedora destacou a gran variedade e calidade que amosa este desfile. "O Entroido coruñés está máis vivo ca nunca grazas ao esforzo que realizan as asociacións e as comparsas nestas datas", sinalou.

No concurso de comparsas na modalidade de vestiario, coreografía e orixinalidade, os premios, que oscilaron entre 1.500 e 500 euros, foron para a Asociación Gastronómica e Cultural 'Troula Seguido', vencedora; 'Os mismo de sempre', co segundo premio; a Asociación Galega de Teatro Musical, terceira na clasificación final e gañadora tamén do premio á orixinalidade; e 'Los infieles', que obtivo o cuarto premio.

Por outra banda, no concurso de carrozas os premios foron para 'Os mismos de sempre', gañadores, seguidos pola Asociación Gastronómica e Cultural 'Troula Seguido', co segundo premio; a Asociación Urbilar, terceiro premio; e 'Los infieles', cuarto premio. 'Os mismos de sempre' repetiron tamén galardón na categoría de orixinalidade.

Comparsas e carrozas que participaron no desfile de Entroido

  • ONCE 
  • Festarrachada 
  • Asociación Galega de Teatro Musical 
  • El justiciero
  • Pantaleón 
  • Bolivia pachá 
  • Melandrainas 
  • Kilomberos de Monte Alto 
  • Bribesly Hills 
  • Urbilar 
  • Amigos da Xoldra 
  • Tarde mal e arrastro 
  • Monte Alto a 100
  • Os Maracos 
  • Os peixes de Cambre 
  • Troula Seguido 
  • Morenada Bolivia sin Fronteras 
  • Os mismos de sempre 
  • Os subterráneos 
  • Malandros
  • Los infieles 
  • Ana Fuentes Candal (Fóra de concurso)
  • David Purriños (Fóra de concurso)
  • La madriguera de Pichi (Fóra de concurso)
  • Estrelas da Noite (Fóra de concurso)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión