Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de diciembre de 2022

Máis de 1.200 alumnas e alumnos de Primaria tomarán parte na iniciativa ‘Nadal para os colexios’, con sete días de proxeccións na Domus

16 centros educativos participarán nesta edición, que terá lugar entre os días 12 e 21 de decembro, e que permitirá aos máis pequenos gozar coa película de animación ‘Valentina’, gañadora dun premio Goya

Máis de 1.200 alumnas e alumnos pertencentes a 16 centros educativos da cidade tomarán parte a vindeira semana na iniciativa 'Nadal para os colexios', unha actividade promovida polo Concello co obxectivo de achegar os máis pequenos á realidade das persoas con diversidade funcional, que, a pesar dos grandes avances sociais alcanzados, seguen demandando unha maior e máis axustada presenza social que elimine estereotipos e lles permita avanzar cara a súa inclusión.

Neste contexto, o alumnado participante poderá gozar, entre os vindeiros días 12 e 21, coa película 'Valentina', gañadora dun premio Goya á mellor longametraxe de animación, achega a experiencia dunha nena con síndrome de Down, convencida de que ese é o motivo que lle impide alcanzar o seu soño: ser trapecista. A través dunha viaxe máxica descubrirá todo do que é capaz. 'Valentina' foi dirixida pola directora galega Chelo Loureiro, coa participación das compañías Abano Producións, Antaruxa e El Gatoverde Producciones.

Desta forma, o servizo municipal de Educación ofrece a posibilidade de que o alumnado en primeiro e segundo ano de Primaria goce desta longametraxe que se emitirá na sala de proxeccións audiovisuais da Domus, durante sete días e en dous horarios diferentes: unha primeira quenda ás 10.30 e outra ás 12.00 horas.

O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, puxo en valor o argumento da longametraxe, "que achega ás novas xeracións unha visión moi necesaria da importancia de loitar por unha sociedade plenamente inclusiva". Celemín recalcou, ademais, "o compromiso asumido polo Goberno de Inés Rey para apoiar a vontade do proxecto, o de dar visibilidade a un colectivo que quere ser artífice da súa propia mensaxe para que o escoite toda a cidadanía".

Os centros educativos participantes no 'Nadal para os colexios' son os seguintes: CEIP María Pita, Emilia Pardo Bazán, María Barbeito, Alborada, Sagrada Familia, Novo Mesoiro, Manuel Murguía, Zalaeta, Salgado Torres, José Cornide, Torre de Hércules, Sal Lence, Wenceslao Fernández Flórez, Labaca, Prácticas, e Juan Fernández Latorre.

A programación de Nadal nas Escolas Infantís Municipais

Entre finais de novembro e comezos de decembro, a Concellaría de Educación promoveu diversas actividades de Nadal nas escolas infantís de Monte Alto, Carricanta, Luís Seoane e Arela, pertencentes á Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM). Os máis pequenos gozaron con espectáculos lúdicos de contacontos e maxia, así como coa actuación da Cé Orquestra Pantasma.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión