Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de abril de 2024

O mercado municipal de San Agustín acollerá desde o 2 de maio a Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, na súa primeira estadía na Coruña

O Concello colabora co Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana (MIVAU) na organización do ciclo de itinerancias da XVI Bienal, que achegará á cidadanía unha mostra divulgativa con 55 proxectos premiados

O mercado municipal de San Agustín acollerá entre o 2 de maio e o 1 de xuño a XVI Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, unha iniciativa de divulgación urbanística e cultural que chega por primeira vez á Coruña ao abeiro do seu ciclo de itinerancias, e permitirá achegar á cidadanía máis de medio cento de proxectos seleccionados polo xurado na presente edición, dos que vinte foron premiados na categoría de 'Obras'. 

A Bienal, unha iniciativa do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana (MIVAU) en colaboración co Consello Superior de Arquitectos de España (CSCAE) e a Fundación Arquia, conta co apoio do Concello da Coruña, que facilitou a cesión dun espazo no andar superior do mercado municipal de San Agustín para habilitar a mostra 'Me-dio Pla-zo', un concepto que incide no impacto positivo da arquitectura á hora de reverter os efectos da actividade humana sobre o ecosistema, cunha perspectiva de longo alcance.

Neste sentido, a escolla do mercado municipal de San Agustín como fogar temporal da mostra non é casual. O edificio, proxectado por Santiago Rey Pedreira e Antonio Tenreiro nos anos trinta, serve como exemplo do que supón a recuperación e modernización arquitectónica dos espazos públicos para o uso e gozo das veciñas e veciños. Cómpre lembrar, a este respecto, que o Goberno de Inés Rey levou a cabo un investimento de máis de 600.000 euros na reurbanización dos exteriores do mercado, mellorando así a súa accesibilidade, entre outros aspectos.

A ETSAC e profesionais galegos da arquitectura, implicados na Bienal

A programación de actividades complementaria á mostra inclúe, por exemplo, a programación da xornada 'Horizontes de la arquitectura española a medio plazo. La construcción de lo local', que contará cunha conferencia do arquitecto Javier Ros, participante na XVI BEAU con catro proxectos en materia de vivenda e rehabilitación en Gavà, Sant Gervasi de Barcelona, Granollers e Esplugues de Llobregat (Cataluña).

Será o xoves 16 de maio (18.30 horas), nun acto que terá continuidade coa posta en marcha dunha mesa de debate na que cobrarán protagonismo profesionais galegos da arquitectura, así como tamén estudios, que foron premiados na Bienal: Ruth Varela, Fuertes Penedo Arquitectos, Creus e Carrasco + RVR e Nuria Prieto.

Ademais, na Bienal tamén se implicará o alumnado da Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) da Universidade da Coruña, que presentará unha exposición que recollerá especificamente as iniciativas premiadas na Bienal na categoría de proxectos de fin de carreira. A mostra estará habilitada no vestíbulo da ETSAC entre o 30 de abril e o 1 de xuño.

A inauguración da Bienal, o vindeiro martes 30 de abril

A exposición da XVI BEAU inaugurarase o martes 30 de abril (19.00 horas), e visibilizará un total de 55 traballos: 20 na categoría de 'Obras', outros 10 da categoría 'Investigación y Difusión' e 25 correspondentes a proxectos de fin de carreira. A mostra está comisariada polos arquitectos María González García, Juan José López de la Cruz e Ángel Martínez García-Posada.

"Son traballos e iniciativas de moita calidade, que subliñan a importancia de repensar a arquitectura e o desenvolvemento urbanístico dos espazos públicos en clave de futuro, insistindo na necesidade de apostar por unha estratexia de respecto polo medio ambiente e o patrimonio, creando ou ampliando espazos de convivencia social", destacou a alcaldesa, Inés Rey.

Toda a información sobre a XVI BEAU pode consultarse nesta ligazón.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión