Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de abril de 2024

Inés Rey inaugura a XVI Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo destacando A Coruña como “cidade vangardista” polas súas obras singulares

A mostra dos 55 proxectos premiados estará dispoñible para a cidadanía no segundo andar do mercado de San Agustín a partir deste xoves, 2 de maio

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta tarde o actode apertura da XVI Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, que estará aberta ácidadanía entre o xoves 2 de maio e o sábado 1 de xuño no andar superior do mercadomunicipal de San Agustín. A cidade acolle por primeira vez este evento de gran relevancianacional a través do seu ciclo de itinerancias, tras pasar por Sevilla e Zaragoza.

"A Coruña é e sempre foi unha cidade vangardista en sectores como o arquitectónico,contando con símbolos e edificios de gran valor, así como profesionais de primeiro nivel",sinalou a alcaldesa durante a súa intervención, na que destacou o simbolismo de ter escollidoeste espazo para a celebración desta Bienal. O edificio do mercado de San Agustín,proxectado por Santiago Rey Pedreira e Antonio Tenreiro nos anos trinta, serve comoexemplo do que supón a recuperación e modernización arquitectónica dos espazos públicospara o uso e gozo das veciñas e veciños. Tamén lembrou Inés Rey os traballos dereurbanización dos exteriores do mercado, mellorando así a súa accesibilidade, entre outrosaspectos. Esta actuación está nomeada ao Premio Arquitectura 2024.

A Bienal, unha iniciativa do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana (MIVAU) en colaboraciónco Consello Superior de Arquitectos de España (CSCAE) e a Fundación Arquia, conta coapoio do Concello da Coruña, que facilitou a cesión do espazo no andar superior do mercadomunicipal de San Agustín para habilitar a mostra 'Me-dio Pla-zo', un concepto que incide noimpacto positivo da arquitectura á hora de reverter os efectos da actividade humana sobre o ecosistema, cunha perspectiva de longo alcance. A exposición da XVI BEAU visibilizará untotal de 55 traballos: 20 na categoría de 'Obras', outros 10 da categoría 'Investigación yDifusión' e 25 correspondentes a proxectos de fin de carreira. A mostra está comisariadapolos arquitectos María González García, Juan José López de la Cruz e Ángel MartínezGarcía-Posada.

Inés Rey destacou o impulso didáctico que o seu goberno municipal está dando ao sectorurbanístico con iniciativas como a Semana da Arquitectura, que botou a andar no ano 2020e celebra a transformación arquitectónica dos distintos barrios e aos grandes profesionais dacidade. Xunto a Rey tamén interviron no acto de apertura Ruth Vareña Rodríguez, presidentada Demarcación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; Luciano GonzálezAlfaya, decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia conselleiro do Consejo Superiorde los Colegios de Arquitectos de España; e Álvaro Fernández-Iruegas Pombo, da DirecciónGeneral de Agenda Urbana y Arquitectura do Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana.

A ETSAC e profesionais galegos da arquitectura, implicados na Bienal

A programación de actividades complementaria á mostra inclúe, por exemplo, a programaciónda xornada 'Horizontes de la arquitectura española a medio plazo. La construcción de lo local',que contará cunha conferencia do arquitecto Javier Ros, participante na XVI BEAU con catroproxectos en materia de vivenda e rehabilitación en Gavà, Sant Gervasi de Barcelona,Granollers e Esplugues de Llobregat (Cataluña).

Será o xoves 16 de maio (18.30 horas), nun acto que terá continuidade coa posta en marchadunha mesa de debate na que cobrarán protagonismo profesionais galegos da arquitectura,así como tamén estudios, que foron premiados na Bienal: Ruth Varela, Fuertes PenedoArquitectos, Creus e Carrasco + RVR e Nuria Prieto.

Ademais, na Bienal tamén se implicará o alumnado da Escola Técnica Superior deArquitectura (ETSAC) da Universidade da Coruña, que presentará unha exposición querecollerá especificamente as iniciativas premiadas na Bienal na categoría de proxectos de finde carreira. A mostra estará habilitada no vestíbulo da ETSAC entre o 30 de abril e o 1 dexuño.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión