Os meus datos
O Concello da Coruña xestiona distintos datos relativos á cidadanía. Desde esta sección pode consultar algúns destes datos. Requírese identificación previa.
Os meus datos de habitante
Consulte os seus datos persoais que figuran no Padrón Municipal de Habitantes (con certificado dixital). Se o desexa pode obter a través da sede electrónica un volante ou certificado (
Certificado de empadroamento, con certificado dixital
) ou modificar os datos que figuran no Padrón de Habitantes (
Padrón de habitantes: alta e/ou modificación de domicilio
).
Os meus datos de contacto
Para as nosas comunicacións coa cidadanía, esta achéganos distintos datos de contacto en función do trámite ou servizo que vai realizar.
Pode consultar directamente algúns dos que figuran nas nosas bases de datos:
Pode así mesmo realizar unha solicitude relacionada co dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición recollidos na normativa vixente de protección de datos desde o apartado
Seguridade e protección de datos
Os meus bens polos que tributo
Pode consultar así mesmo os bens ao seu nome polos que tributa no Concello da Coruña (bens inmobles, vehículos etc.), desde a Oficina Virtual Tributaria
As miñas tarxetas cidadás
Pode consultar as tarxetas Millennium (virtuais ou físicas) das que dispón ou solicitar a modificación de datos relacionados con ela