Recollemos uns consellos que che poden servir de axuda.
CONSELLOS BÁSICOS PARA REALIZAR GRELLADAS E FOGUEIRAS:
- Se a grellada ou fogueira se fai na rúa, debe quedar paso suficiente para os vehículos de emerxencia.
- NON facer fogueiras nas proximidades de:
- colectores
- vivendas
- cristaleiras
- vehículos
- tubaxes de gas
- cables eléctricos
- vexetación
- valos e
- elementos que poidan arder.
- Se a fogueira se fai no chan, cómpre cubrir o chan con area ou terra, cun grosor de 10 cm e nunha superficie superior de 1 m á base da brasa.
- É imprescindible un extintor, unha mangueira, un cubo con auga ou un recipiente con area. nas proximidades da fogueira,
- Non se debe utilizar ningún tipo de acelerante para acender as fogueiras, xa que podería incendiar os vestidos ou cabelos das persoas próximas.
- Non se deben tirar bidóns, latas, aerosois ou similares nunha fogueira, xa que poden estoupar.
- Lembra que estamos para pasar unha noite segura: se tes dúbidas sobre a seguridade da fogueira, chama ao servizo de bombeiros para facer unha revisión.
- Lembrade os teléfonos de emerxencias:
BOMBEIROS |
080 |
POLICÍA LOCAL |
092 |
POLICÍA NACIONAL |
091 |
EMERXENCIAS |
112 |
EMERXENCIAS SANITARIAS |
061 |
- Ao terminar a festa, é necesario comprobar que o lume queda totalmente apagado.
- Non baleirar as cinzas en colectores ata que estean ben apagadas.
- Se celebras a festa na praia, recolle todo o que usas, hai colectores para depositalo, en especial o cristal. Ao día seguinte haberá bañistas que utilicen a praia.
SOBRE O COMBUSTIBLE PARA UTILIZAR:
- Evitar material que arda con dificultade ou conteña produtos químicos.
- Evitar queimar papeis ou materiais téxtiles que voen facilmente.
- Evitar queimar mobiliario da casa con material sintético (sofás, colchóns etc.).
- Non utilizar: madeiras pintadas ou vernizadas, pneumáticos, colectores, plásticos e papeis.
- A madeira utilizada debe estar desprovista de cravos, puntas ou similares. Debémola transportar en pequenas cantidades, para iso débense utilizar carros ou mochilas.
SOBRE SEGURIDADE:
- Non preparar en vías públicas sen autorización municipal.
- Non empregar gasolinas, alcol etc.
- Non lanzar materiais que poidan estoupar: sprays, bidóns, latas etc.
- Non cortar o paso da rúa. Asegurar o paso de vehículos de emerxencia.
- Poñer groso de area sobre o asfalto.
- Separar o lume e fume que se produza polo menos a 5 m de coches, fachadas, mobiliario urbano e liñas eléctricas.
- Ter sempre un extintor á man (ou outro medio de extinción). Ao apagar a fogueira ou lume das "sardiñadas" asegurarse que esta queda totalmente apagada.
- Recoller a roupa que teñamos tendida e pechar as portas e xanelas da casa.
SOBRE SALTAR AS FOGUEIRAS:
- Non intentar saltar fogueiras moi grandes ou con lume moi alto e vivo.
- Ter coidado cos saltos das fogueiras veciñas.
- Se sodes moitas persoas organizar unha fila e gardar unha orde. Esperade a que quen salta diante se apartase completamente.
- Se saltades facédeo sen nada que vos moleste. En todo momento evitar a roupa frouxa e nunca levar cousas na man.
USO DE PETARDOS:
- Usar unicamente os que teñan a mecha completa.
- Acender sempre polo extremo da mecha.
- Non introducilos en botellas, latas, ladrillos etc.
- Non tirar preto de material combustible.
- Usalos sempre baixo a supervisión dunha persoa adulta.
CONSELLOS BÁSICOS EN CASO DE QUEIMADURAS:
- Afastar á vítima da fonte de calor.
- En caso de ter a roupa queimada non retirarlla.
- Se a roupa da vítima está en chamas intentarase apagar cubríndoa cunha manta ou facéndoa rodar polo chan, preferentemente por zona areosa. Impedir que a vítima corra.
- Arrefriar a zona afectada con auga.
- Alertar os servizos de emerxencia en queimaduras importantes.
- Non usar pomadas, non romper bochas, non utilizar xeo nin auga xeada para arrefriar a queimadura e non cubrir con apósitos adhesivos nin algodón.
- É recomendable que toda queimadura reciba atención médica, salvo que o seu diámetro sexa inferior a 2 cm.
CONSELLOS BÁSICOS DO ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO:
- Os fogos artificiais e as celebracións van da man. Pero os fogos artificiais poden ser perigosos e ocasionar graves queimaduras e lesións nos ollos.
- É conveniente acudir coa antelación suficiente para gozar do espectáculo de fogos artificiais, polo menos uns 30 minutos antes.
- Deben obedecerse as instrucións do persoal de seguridade e organización do evento e respectar as barreiras de seguridade. Non hai que achegarse ao lugar onde se están lanzando os fogos. De feito, a mellor vista para gozar do espectáculo pirotécnico é a 100 metros de distancia ou moito máis alá.
- No caso de acudir con nenos/as pequenos/as (non levar nunca bebés con carros etc., por propia seguridade) é conveniente chegar axiña para situalos xunto á barreira de seguridade para unha maior comodidade.
- En caso de sentirse mal (lipotimias, mareos) ou sufrir algunha ferida durante o espectáculo, solicitarlle asistencia ao equipo de persoal sanitario, cuxos compoñentes estarán situados de forma estratéxica ao longo da barreira de seguridade.
- Durante o disparo dos fogos artificiais é bastante frecuente, se estamos situados na dirección do vento, que caian restos de cinza. En caso de introducirse nos ollos, convén enxaugar con auga abundante e non restregarse.
- Aínda que é raro que ocorra, se un compoñente do lume artificial cae ao piso sen estoupar preto de ti, non se debe tocar, nin empuxalo co pé (xa que se pode reactivar e estourar). Hai que avisar inmediatamente o persoal de seguridade do evento: Policía, Bombeiros, Protección Civil etc. Nunca o manipules.
- Deixar as mascotas na casa porque teñen os oídos sumamente sensibles ás explosións e adoitan ser moi desagradables para elas, en especial para os cans.
MOBILIDADE E SEGURIDADE:
- Recoméndase non utilizar o vehículo na zona centro.
- Observe que o seu vehículo non está situado preto dunha fogueira.
- Se detecta unha fogueira que non cumpra as condicións de seguridade comuníqueo canto antes á Policía, Bombeiros ou Protección Civil.
- Teña coidado cos seus obxectos persoais nas aglomeracións.
RECOMENDACIÓNS ANTE RISCO DE ASISTENCIA A ACTOS MULTITUDINARIOS:
- Utilicen o transporte público, eviten o uso de vehículos particulares.
- Non aparquen de forma que colapse a circulación porque evita unha posible vía de evacuación.
- Collan as nenas e os nenos da man e é fundamental que leven unha etiqueta identificativa indicando nome, enderezo e teléfono por se se perden.
- Ocupen, se é posible, lugares protexidos e na súa falta manteñan a distancia, non se aglomeren.
- Eviten as bromas pesadas e o lanzamento de artefactos pirotécnicos entre o público, xa que está prohibido.
- Ante unha emerxencia manteñan en todo momento a calma, non corran, camiñen.
- Garden as distancias cos brazos, para evitar caer.
- Eviten gritar, camiñen en silencio.
- Se se lles cae algo ao chan non o intenten recoller, sigan camiñando.
- Non vaian contra corrente e continúen na dirección que segue a xente, ata que accedan a espazos abertos e poidan cambiar de dirección.
- Resgárdense dunha posible avalancha en patios, esquinas, coches, árbores etc.
- En caso necesario solicítelles axuda aos servizos de seguridade. Siga en todo momento as súas indicacións e colabore con eles.