Titularidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Competencias do Concello nos colexios públicos:
- Vixilancia (conserxe)
- Climatización (calefacción)
- Mantemento, conservación do edificio e limpeza
Competencias da Xunta (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria):
- Profesorado
- Infraestruturas e obras
Niveis educativos:
- Segundo ciclo de educación infantil (3-6 anos)
- Educación primaria (6-12 anos)
Aulas de informática:
- Aula de Informática da Xunta
Actividades extraescolares:
- Servizo de comedor: Descrición: servizo de comida e monitor (comida de catering tipo caseiro, con posibilidade de dietas especiais por prescrición médica) con sesións de hixiene persoal. Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria. Horario: luns a venres de 14:00 h a 16:00 h. Inscrición: na ANPA do centro. Titularidade: ANPA do centro
- Madrugadores:
- Descrición: programa dedicado a conciliar a vida familiar e laboral cubrindo a necesidade de atención ao alumnado pola mañá, antes do inicio das clases, mediante actividades encamiñadas a fomentar a súa creatividade, autonomía e interese por coñecer e gozar da súa contorna, con ou sen servizo de almorzo.
- Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria
- Horario: de luns a venres de 7.30 horas a 9.00 horas. Recepción de alumnado con almorzo, de 7.30 a 8.15 horas.
- Inscrición: na ANPA do centro
- Titularidade: ANPA do centro
- Luditarde: Descrición: actividades lúdicas relacionadas cun centro de interese urbano, ligado a temas relacionados con educación para a saúde, educación viaria, educación para a paz, educación medio ambiental etc., a partir dos cales se desenvolven os distintos contidos: dinamización teatral, animación á cultura, xadrez, producións plásticas, música, actividades motrices, actividades deportivas e informática. Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e educación primaria. Horario: luns a venres de 16:00 h a 18:00 h do 15 de setembro ao 15 de xuño.Inscrición: na ANPA do centro. Titularidade: FAPA e Servizo Municipal de Educación
- Ludiáxiles: Descrición: actividades culturais e deportivas. Culturais: de temática relacionada coa cidade e ambiental mediante actividades de fotografía e vídeo dixitais, graffiti, música, teatro e baile. Deportivas: baloncesto, balonmán, deportes de patín, floorball (hóckey), fútbol sala e softball (béisbol e tenis). Persoas destinatarias: alumnado de quinto e sexto de educación primaria. Horario: dous días por semana de 16:00 h a 18:00 h do 15 de setembro ao 15 de xuño. Inscrición: na ANPA do centro. Titularidade: FAPA e Servizo Municipal de Educación