Titularidade: Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.
Competencias do Concello nos colexios públicos:
- Vixilancia (conserxe).
- Climatización (calefacción).
- Mantemento, conservación do edificio e limpeza.
Competencias da Xunta (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria):
- Profesorado.
- Infraestruturas e obras
Niveis Educativos:
- Segundo ciclo de educación infantil (3-6 anos).
- Educación primaria (6-12 anos).
Aulas de informática:
- Aula de Informática da Xunta.
Centro adherido ao programa Abalar. www.edu.xunta.es/espazoabalar
Actividades extraescolares:
Madrugadores:
- Descrición: programa dedicado a conciliar a vida familiar e laboral cubrindo necesidade de atención a alumnos pola mañá, antes do inicio das clases, mediante actividades encamiñadas a fomentar a súa creatividade, autonomía e interese por coñecer e gozar da súa contorna, con ou sen servizo de almorzo.
- Destinatarios: alumnos de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria.
- Horario: de luns a venres de 07.30 h a 09.00 h. Recepción de alumnos con almorzo, de 07.30 h a 08.15 h. Recepción de alumnos sen almorzo, de 08.00 h a 08.15 h.
- Inscrición: No mes de xuño, para comedores que comezan en setembro. Antes do 22 de cada mes, para comerzar o mes seguinte.
- Titularidade: Servizo Municipal de Educación.
Servizo de comedor:
- Descrición: servizo de comida e monitor (comida de cátering tipo caseiro, con posibilidade de dietas especiais por prescrición médica) con sesións de hixiene persoal e actividades lúdicas despois da comida.
- Destinatarios: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria.
- Horario: luns a venres de 14.00 h a 16.00 h.
- Inscrición: na ANPA do centro. No mes de xuño, para comedores que comezan en setembro. Antes do 22 de cada mes, para empezar o mes seguinte.
- Titularidade: Programa xestionado pola Federación Provincial de ANPA de Centros públicos da Coruña.
Deporte no Centro:
- Actividades físico-deportivas, realizadas fóra do horario lectivo nas instalacións do propio centro e adaptadas ás posibilidades que ofreza a súa infraestrutura. Dúas horas alternas á semana entre as 16.00 e as 18.00 h de 1 ou 15 de outubro a 15 de xuño.
- Inscrición na ANPA do centro.
- O programa xestiónao a Federación Provincial de ANPA de Centros públicos da Coruña a través dun convenio co Servizo Municipal de Educación.
Outras actividades do centro: