73 resultados
24/04/2024
Match de Impro, no Café Tío Ovidio, onde dúas parellas compiten cada noite por ser a mellor.
27/04/2024
A Editorial Menino Morreu celebra o seu 2º aniversario no Centro Social Gomes Gaioso, coa presentación de dous libros.
Dende o 02/05/2024 ata o 08/05/2024
O Conservatorio Superior de Música da Coruña organiza unhas Xornadas de Portas Abertas para dar a coñecer tanto as súas instalacións como as diferentes especialidades/itinierarios das Ensinanzas Superiores de Música.
25/04/2024
O ciclo de literatura "Somos o que lemos" da Fundación Luis Seoane é unha proposta coordinada por Javier Pintor que achega ao público a actualidade do panorama literario convidando aos seus protagonistas a participar nunha serie de presentacións de acceso libre que buscan establecer unha conexión entre autoras/es e lectores/as. Este mes Antonio Iturbe falará do seu libro "Música en la oscuridad".
02/05/2024
En maio proxéctase no Fórum Metropolitano, dentro do ciclo “O documental do mes”, a película dirixida por Rosine Mbakam "Mambar Pierrette" (Bélxica, 2023), un documental que narra a historia de Mambar Pierrette, unha modista de barrio da cidade camerunesa de Douala á que unha longa fila de clientes acoden para preparar a súa roupa polo comezo do novo curso escolar.
03/05/2024
O centro Ágora acolle esta peza multidisciplinar na que Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, crean un universo singular arredor do legado de Luísa Villalta. O espectáculo forma parte do programa Agra no Ágora 2024, un programa financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación Veciñal Agra do Orzán.
04/05/2024
O Parque de Santa Margarida acollerá unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa, na que 54 centros educativos de diversas localidades galegas amosarán actividades de bioloxía, tecnoloxía, matemáticas e física para todos os públicos. Xunto eles, persoal de entidades da investigación e divulgación presentarán unha ampla programación para toda a cidadanía e haberá actividades paralelas na contorna do edificio da Casa das Ciencias. Nos Museos Científicos Coruñeses haberá tamén xornada de portas abertas.
10/05/2024
O próximo 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos, cuxo lema neste ano é "Museos pola educación e a investigación", e desde a Fundación María José Jove súmanse a esta conmemoración coa celebración dun Encontro profesional sobre Educación en Museos e Institucións Culturais.
Dende o 09/05/2024 ata o 19/05/2024
O festival LGBTIQ de artes escénicas que inaugura a acción cultural desde os espazos propios do Concello presenta a programación para este ano 2024.
29/04/2024
O Playa Club será un dos escenarios da xira que está a realizar polo noso país Marky Ramone, o baterista de casi toda a traxectoria de Ramones, cun concerto no que repasará todos os hits da mítica banda.
resultados 73
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible