Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de abril de 2024

O Concello remata as melloras da área canina do parque de Santa Margarida, aumentando a súa superficie

A actuación supuxo a creación dunha nova entrada ao parque desde a rúa San Mateo, melloras do terreo e unha reforma do acceso

O Concello da Coruña rematou os traballos de mellora da área canina do parque de Santa Margarida, que levaron aparellada a creación dunha nova entrada ao parque na rúa de San Mateo. O obxectivo do Goberno de Inés Rey con esta actuación foi proporcionarlles ás persoas usuarias deste espazo unha serie de melloras para fomentar o seu uso.

A actuación comprendeu a reestruturación do espazo para facelo máis accesible e que a entrada ao mesmo poida facerse desde San Mateo. Para iso, incorporóuselle ao parque unha superficie na cara norte deste espazo e á área canina outra superficie na cara sur. O canil quedou estruturado en dúas seccións, aumentando a superficie da instalación e creando unha segunda porta de acceso.

Ademais, instalouse un novo pavimento de empedrado combinados con xabre nunha superficie de 300 metros cadrados na nova zona de acceso á área canina. Tamén se creou unha nova zona de entrada e de lavado dos animais. O peche deste espazo tamén foi restaurado e levouse a cabo o axardinamento do perímetro, ademais do acondicionamento da zona que pasa a ser do parque.

Por outra banda, mellorouse a superficie da área canina ante a erosión existente polo uso cunha nova capa de xabre. Tamén se repararon as fontes e se instalou un banco de granito para favorecer o descanso das persoas usuarias.

O Goberno de Inés Rey continúa dando pasos para que as persoas con animais dispoñan de espazos de calidade ao aire libre. O pasado ano aprobouse a nova Ordenanza de animais, coa inclusión da cala de Bens como praia canina durante todo o ano.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión