Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de novembro de 2023

Convocatoria de xaneiro - maio de 2024

Convocatoria de actividades socioculturais nos centros cívicos. Xaneiro de 2024

As persoas interesadas pódense preinscribir os días 11, 12 e 13 de decembro

Preinscrición: 11, 12 e 13 de decembro

Realizarase preferentemente en liña. Para realizar a preinscrición cubrirase o formulario que atoparemos aquí: Formulario de preinscrición en actividades e tamén abaixo xunto ás actividades de cada centro cívico en TAMÉN CHE PODE INTERESAR. Este formulario estará dispoñible desde as 8.00 h do luns 11 de decembro ata as 23.59 h do mércores 13 de decembro.

Pódense consultar as actividades de cada centro nesta noticia, máis abaixo nos documentos que se achegan e tamén na páxina web de cada centro cívico. Para descargar a programación de actividades de todos os centros cívicos pódese ver no documento que se achega.

Cada persoa poderá solicitar un máximo de tres actividades por centro cívico e por orde de preferencia.

Aquelas actividades que teñan a mesma denominación, aínda que teñan distintos niveis (iniciación e perfeccionamento, grupo 1 e grupo 2, mañá e tarde etc.,) considéranse unha mesma actividade, pero só se poderá formalizar a matrícula nunha delas. En caso de facelo nas dúas, quedarán anuladas ambas.

Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña.

As persoas que non teñan acceso a Internet, e só nese caso, poderán realizar a preinscrición chamando ao número de teléfono 881 150 342 en horario das 10.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 20.00 h.

Cada persoa que realice a preinscrición telefonicamente só poderá xestionar 3 solicitudes.

Clubs

Son actividades de carácter gratuíto dirixidas por persoas voluntarias.

  • As preinscricións dos clubs realizaranse nas conserxerías de cada centro cívico en horario das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 horas, os días 11, 12 e 13 de decembro. Excepto o CCV Castro de Elviña que será das 11.00 ás 13.00 h e das 16.00 ás 20.00 h.
  • As persoas solicitantes deberán cubrir o impreso que se lles proporcionará nas conserxerías, no cal só se poderá solicitar 3 clubs como máximo.
  • O sorteo será en cada centro cívico, o mesmo día que o das actividades.

* Clubs no Centro Cívico do Castrillón: continuará ata o mes de maio o mesmo alumnado que participou no curso do 2023 por expresa solicitude de organización das voluntarias que imparten estas actividades. En setembro, realizarase (soamente neste centro) unha nova preinscrición con carácter anual (de setembro a maio).

Publicación das listaxes de preinscricións nas actividades socioculturais nos centros cívicos: 18 de decembro

As listas das actividades socioculturais poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web e chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010.

As listas dos clubs en cada un dos centros cívicos.

Reclamacións ás listaxes de preinscricións: 19 de decembro

Faranse a través do teléfono gratuíto de información cidadá 010 en horario das 11.00 ás 13.30 e das 16.00 ás 18.00 h.

Sorteo público: 20 de decembro

Realizarase en cada centro cívico ás 10.00 h.

Publicación das listaxes de admisións e de espera: 9 de xaneiro

Poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web ou chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010.

Nas actividades socioculturais, anularanse aquelas actividades nas que non haxa un mínimo de solicitudes formalizadas.

Prazo de inscrición e pago de taxas para as persoas admitidas: será preferentemente en liña a través desta ligazón Pago en liña das actividades os días 15, 16 e 17 de xaneiro. De non facelo nestas datas perderase o dereito á praza.

Alternativamente poderase realizar imprimindo a folla de autoliquidación, e pagando presencialmente na entidade bancaria ou no caixeiro da entidade con tarxeta de crédito.

Unha vez pagado na entidade bancaria deberan entregar na conserxería do centro correspondente, e dentro do prazo establecido, o xustificante de pago, pois pola contra perderase o dereito á praza na actividade.

En caso de que non se cubran todas as prazas ao final da convocatoria, anunciaranse mediante un cartel en cada centro cívico as vacantes que queden dispoñibles en actividades/clubs.

A cota das actividades dependerá do número de horas que aplica a Ordenanza número 43 reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal, fóra de apoio escolar, cultura xeral e alfabetización que terán carácter gratuíto. Tamén son gratuítos os clubs que están dirixidos por persoas voluntarias.

As persoas solicitantes de actividades gratuítas e clubs deberán formalizar a preinscrición en prazo e CONFIRMARÁN (ben presencial ou por teléfono) no centro cívico, ao servizo de conserxería, a súa asistencia á actividade nos días estipulados para o pago (15, 16 e 17 xaneiro).

  • *A inscrición definitiva na actividade de cada centro cívico non se fará efectiva ata a presentación no mesmo centro cívico do documento bancario acreditativo do aboamento do prezo público que corresponda, excepto as persoas que o fagan directamente en liña. Este trámite deberase realizar dentro do prazo e horarios arriba indicado. De non ser así, perderase o dereito á praza na actividade e o centro cívico que corresponda.

Procedemento de pago

Nas listas de persoas admitidas e de espera figurará un código, o cal haberá que introducir cando sexa requirido ao longo do proceso de pago. Cada código indica a persoa que está a se inscribir na actividade, o centro no que se inscribe e a actividade solicitada. Así, cada actividade que solicite unha persoa terá un código diferente, polo que cada actividade terase que aboar por separado. O mesmo código non vale para todas as actividades.

O pago realizarase preferentemente en liña a través da plataforma de pago en liña habilitada.

O pago tamén se pode facer presencialmente imprimindo a carta de pago e presentándoa no banco ou caixeiro. A continuación hai que levar o xustificante de pago ao centro cívico onde se vai desenvolver a actividade para que conste que se aboou.

O concello conta con dúas entidades bancarias asociadas para poder aboar as actividades: ABANCA e Banco Santander.

Listas de espera.

  • As listas de espera das actividades e dos clubs xestionaranse dende o servizo de conserxería do centro cívico correspondente a partir do 19 de xaneiro.

As persoas admitidas, a partir da lista de espera, deberán facer a inscrición e o aboamento da actividade, seguindo o procedemento de pago, establecido anteriormente.

  • No caso de que un club ou actividade non teña lista de espera, poñerase un cartel no centro correspondente indicando o número de prazas dispoñibles para completar o grupo.

Data de inicio de actividades:

A partir do día 29 de xaneiro.

Data da fin de actividades:

O 31 de maio e os apoios escolares a segunda semana de xuño. Todas as actividades socioculturais finalizarán a última semana de maio, excepto algunhas nas que será a penúltima semana de maio.

No programa das actividades vén indicada a data exacta de finalización de cada unha das actividades..

NOTA: cada actividade ten unha idade determinada para anotarse nela e que aparece no documento de actividades coa clasificación seguinte: infancia, mocidade, interxeracional e maiores. Sempre que non se especifique outro tramo de idades no título da actividade, a idade que correspondería á clasificación será:

Infancia: de 4 a 12 anos

Mocidade: de 13 a 17 anos

Interxeracional: a partir de 18 anos

Maiores: a partir de 65 anos

Documentos:

Programación de actividades socioculturais Xaneiro- Maio 2024 (518 KB)

Programación de clubs Xaneiro-decembro 2024 (137 KB)

Documentos relacionados

  • Actividades centro cívico A Silva 2024 (88 KB)
  • Actividades centro cívico Artesáns 2024 (111 KB)
  • Actividades centro cívico Castrillón 2024 (108 KB)
  • Actividades centro cívico Castro de Elviña 2024 (78 KB)
  • Actividades centro cívico Cidade Vella 2024 (88 KB)
  • Actividades centro cívico Eirís 2024 (90 KB)
  • Actividades centro cívico Elviña 2024 (94 KB)
  • Actividades centro cívico Feáns 2024 (76 KB)
  • Actividades centro cívico Labañou 2024 (93 KB)
  • Actividades centro cívico Os Mallos 2024 (102 KB)
  • Actividades centro cívico Mesoiro 2024 (95 KB)
  • Actividades centro cívico Monelos 2024 (131 KB)
  • Actividades centro cívico Monte Alto 2024 (103 KB)
  • Actividades centro cívico Novoboandanza 2024 (100 KB)
  • Actividades centro cívico Palavea 2024 (83 KB)
  • Actividades centro cívico Pescadores 2024 (84 KB)
  • Actividades centro cívico Rosales 2024 (131 KB)
  • Actividades centro cívico Sagrada Familia 2024 (103 KB)
  • Actividades centro cívico San Diego 2024 (102 KB)
  • Actividades centro cívico Santa Lucía 2024 (71 KB)
  • Actividades centro cívico San Pedro de Visma 2024 (86 KB)
  • Actividades centro cívico Santa Margarida 2024 (74 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión