Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de septiembre de 2017

“Non deixaremos de explorar todas as posibles vías para esixir responsabilidades aos culpables desta situación”, destacou o edil Xiao Varela

O goberno local lamenta "que a lousa que supón a xestión urbanística irregular do pasado comprometa a solvencia do patrimonio municipal de todos e todas as coruñesas"

O edil Xiao Varela

O Tribunal Supremo inadmitiu o recurso de casación presentado polo Concello da Coruña e a comunidade de propietarios sobre a execución da sentenza que pesaba sobre o antigo edificio Conde de Fenosa

O Tribunal Supremo vén de emitir unha providencia que inadmite o recurso de casación presentado polo Concello da Coruña e a comunidade de persoas propietarias do edificio Conde de Fenosa contra o auto ditado pola Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG do 9 de setembro de 2016, que xa desestimaba os recursos de reposición interpostos tanto pola administración local como polos habitantes do inmoble. Estes recursos trataban de declarar a imposibilidade legal de execución da sentenza que ordenaba que o edificio recuperase o seu estado previo á reforma que se lle aplicou no ano 1997. A este respecto, o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, manifestou "a frustración do equipo de goberno ante a evidencia de que a lousa do pasado, dunha xestión urbanística incorrecta e irregular, compromete a solvencia do Concello e crea un importante prexuízo para a cidade". O edificio da rúa Fernando Macías foi construído baixo o mandato do alcalde Francisco Vázquez.

"Dende a nosa chegada, o actual goberno municipal realizou un esforzo moi importante, co obxectivo de minimizar as consecuencias da mala xestión urbanística do pasado. Lamentablemente, non chegamos a tempo", dixo o edil, que recordou que este asunto leva case 20 anos nos tribunais. "Neste tema, dende logo, hai uns responsables políticos. Se estes tiveran feito as cousas doutra maneira, tanto na xestión urbanística como no ámbito xudicial, hoxe non estariamos na situación na que nos atopamos", engadiu.

Responsabilidades

"Como levamos advertindo moito tempo, as cousas mal feitas teñen consecuencias. Agora, pola irresponsabilidade no pasado, temos que afrontar consecuencias gravísimas para o patrimonio municipal, que non é o deste goberno, senón o de todas as coruñesas e coruñeses, ademais, por suposto, das persoas directamente afectadas", explicou o concelleiro, que hoxe mesmo se puxo en contacto cos representantes dos e das habitantes do inmoble. "Dende logo, este Concello non vai a asumir nada que non lle corresponda, e non deixaremos de explorar todas as vías posibles para esixir responsabilidades aos culpables desta situación", salientou.

"Coa providencia emitida pola sección primeira da sala do contencioso - administrativo do Tribunal Supremo, reábrese unha fase do procedemento xudicial que até o de agora estaba en suspenso. Agora é o momento de determinar a forma concreta de execución da sentenza, así como de fixar as máximas garantías posibles para as persoas afectadas", comentou Varela. "Novamente, faremos o que debemos facer, cumprir coa legalidade e defender o interese público e, por suposto, tamén o das persoas directamente afectadas, procurando que o impacto sexa o menor posible", explicou.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?

Necesitamos tu ayuda

¿Tienes dos minutos para darnos tu opinión sobre la web municipal y así ayudarnos a mejorarla? Te lo agradecemos

Ir a la encuesta

¿Tienes dos minutos para darnos tu opinión sobre la web municipal y así ayudarnos a mejorarla? Te lo agradecemos

Ir a la encuesta