Concello da Coruña

Concello da Coruña

SEN NUMERAR Primavera 2024 - "Cancións amarelas, flores tristes", de Ernesto Is

Podemos estar nunha sociedade enferma?

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/05/2024

Horario:

21.00 h

Duración:

70 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 €

Carné Xove, maiores 65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €

*O desconto aplicarase logo da previa presentación do documento que acredite o desconto.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.es

Catro persoas de idades, xéneros, crenzas e realidades socioeconómicas diferentes, coinciden nun karaoke. Ao longo da madrugada, as cancións e o alcohol mestúranse cos medos e cos problemas que as levan a refuxiarse neste lugar, onde se constrúen os seus propios paraísos artificiais. Esta noite hai música, pero tamén silencio; miradas cómplices e mal intencionadas; luces de cores que iluminan o escenario e sombras detrás da porta do baño; copas rotas contra o chan e brinde ata o amencer; corpos suorentos, tristes e cansos que buscan outros corpos igual de suorentos, tristes e cansos; tarxetas de crédito co saldo esgotado; maquillaxe e perfumes baratos; bágoas que mollan as flores de plástico coas que se decoran as mesas; frustracións, temores... Pero, sobre todo, anhelos.

Ficha técnica e artística

Interpretación: Nacho Castaño, María Costas, María de las Llanderas e Fran Nogueira

Dirección: Nerea Brey

Texto: Ernesto Is

Espazo e iluminación: Beatriz de Vega

Vestiario: Javier Lojo

Espazo sonoro: Nerea Brey e Ernesto Is

Duración: 70 minutos

Idade recomendada: +16 anos

Agradecementos: Natalia Lareo, Cristian Farpón, Tere Fernández, Suso Brey, Mar Is, Pablo Suárez, Felipe Otero e APAMP Vigo.

Unha produción de Manekineko.

Con apoio de: Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e Coca-Cola.

Proxecto realizado no marco do Centro de Recursos Escénicos do Principado de Asturias.

Texto escrito no programa Antzerkigintza Berriak 2020 de novas dramaturxias de Euskadi.

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión