Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de abril de 2024

Familia Caamagno no AgoraSón da primavera 2024

Co gallo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, Normalización Lingüística, en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, organiza o AgoraSón primavera 2024, con Familia Caamagno en concerto.

Esta edición do AgoraSón terá como protagonista a banda de Sigüeiro nacida en 2011.

O 10 de maio ás 21.00 h, Normalización Lingüística volve organizar o concerto do AgoraSón primavera (co gallo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega), en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña.

O evento terá lugar no auditorio do Centro Sociocultural Ágora o día 10 de maio ás 21.00 horas.

Familia Caamagno é unha banda ben coñecida no panorama musical galego que navega dende os confíns do garaxe ate o power pop e o rock & roll máis delicado. Estes furibundos "xa non tan rapaces" de Sigüeiro, están traballando nun novo material do que nos presentarán algún adianto. Antes festexaron polo país os seus álbumes "O mundo está derrotado" e "Había que intentalo" e os EP "Para unha vez que saímos" e "Hai que andar cos tempos".  Moi apoiados pola crítica e o público nos seus enérxicos directos, acadaron o primeiro premio no Concurso de Rock da Deputación da Coruña e o Premio Martín Códax da Música na categoría de rock.

A asistencia será de balde, mais precisará a recollida previa de invitación nas Bibliotecas Municipais a partir do 6 de maio. (Estaba previsto para o venres 3 pero tívose que atrasar ao luns 6).

Repartimento de invitacións

Repatiranse as invitacións, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs de música etc.) dende o luns 6 de maio nas bibliotecas municipais no horario de apertura de cada centro.

Faranse dúas quendas de repartimento:

  • Horario de mañá: a partir das 9.00 h 
  • Horario de tarde: a partir das 16.00 h

Consulta os Horarios  de cada unha das bibliotecas e do Punto de Préstamo de Mesoiro.

Repartiranse dúas invitacións por carné e son sen numerar.

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión