Concello da Coruña

Concello da Coruña

Desconexión

Autor e director: Santiago Cortegoso

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/05/2018

Xa rematou

Horario:

21:00 h

** Pídese puntualidade, unha vez comenzada a función non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entradas: 9,00€ (carné xove, +65 anos e persoas desempregadas: 7,00€)

Venda anticipada: 6,00€ (até o día anterior á función ás 23.59 h)

**Todas as persoas que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo, deben facelo con entrada

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Contacto:

981 18 42 93

O individuo 299/1973 FK3 vive conectado a un semáforo regulando o tránsito de peóns. Ten dobre personalidade: cando viste traxe verde é amable e deixa pasar; cando viste traxe vermello é malencarado e manda parar. Xornada tras xornada desenvolve a súa rutineira misión sen poder esquecer o seu obxectivo soñado: fuxir cara á liberdade e converterse nun ser humano. Unha avaría no seu sistema fai que saia da súa gaiola e emprenda unha viaxe cara ao descoñecido. Por fin atopou unha vía para desconectar. No seu periplo vaise atopar en situacións descoñecidas para el, que terá que resolver coa dignidade que lle permita ser un monifate sen personalidade definida.

Mediante a dualidade do monifate do semáforo, en Desconexión tratamos temas inherentes ao ser humano: a rutina e as ganas de fuxir dela; a necesidade de formar parte de algo e a necesidade de individualidade; o afán de estar conectado e o afán de desconectarse... Sempre desenvolvidos desde un humor mordaz e corrosivo co fondo tráxico do sentimento de falta de liberdade para poder tomar decisións propias.

Intérprete: Xurxo Cortázar

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes do Fórum: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión