de Elefante Elegante - Galicia
Idade recomendada + 3 anos
Familias, Infancia
24/03/2018
Xa rematou
18:30 h
- Pídese puntualidade. NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ QUE COMECE A FUNCIÓN
50 min aprox.
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
6,00 euros
Abono 3: (3 entradas para a mesma función) 15,00 euros.
Menores de 3 anos: 2,00 euros
- Todas aquelas persoas que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.
981 18 42 93 (Fórum Metropolitano)
Que acontecería se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre. Esta é a pregunta que coloca a DANZA DA CHOIVA, un espectáculo sen palabras onde conviven o teatro xestual, a danza, a manipulación de obxectos e os monicreques.
A DANZA DA CHOIVA trata un tema serio a través dunha posta en escena poética e visual. Os seus efectos cómicos, plásticos e oníricos advirten e divirten o público familiar e infantil a partir dos 3 anos.
A linguaxe xestual e visual que desenvolvemos no Elefante Elegante conduce a dramaturxia sen necesidade dun texto articulador. A nosa é unha dramaturxia que procura a emoción a través da poesía durante o espectáculo e a posterior reflexión, nun marco aberto e non moralista onde cada espectador chega ás súas conclusións sen que as súas opinións sexan colonizadas.
Autores e intérpretes: María Torres e Gonzalo Guerreiro
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho do Fórum: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h) ou web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible