Visita a páxina web de Alouette Machine
Cursos e formación, Outras actividades, Talleres
Para público en xeral, Familias
Para todos os públicos e familias con nenos e nenas maiores de 10 anos
23/04/2024
Xa rematou
Dende o 16/04/2024 ata o 23/04/2024
Require inscrición
De 17:00 a 18:30 h
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña
981184390
As Bibliotecas Municipais da Coruña celebrarán a Semana do Libro con actividades literarias do 22 ao 27 de abril baixo o lema “Letras que unen, oficios que inspiran e historias que transforman”. Con actividades para públicos de todas as idades: obradoiros, contacontos, recitais, faladoiros, mostras bibliográficas e unha solta de libros o 23 de abril.
Da man de Alouette Machine, coñeceremos como funcionaban as imprentas artesanais e como se facían os libros antigamente.
Xogaremos coas letras, as formas, as cores e as composicións para crear material gráfico relacionado co libro: Ex-libris, marca-páxinas, postais... combinando a técnica de impresión tipográfica co gravado en linóleo.
Ao final do obradoiro cada persoa participante poderá levarse o seu propio Ex-libris e o material impreso.
Alouette Machine é unha imprenta itinerante que traballa coa tipografía, recuperando esta técnica artesanal, xogando cos elementos gráficos e o seu significado.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible