Para público en xeral
Jovenes con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos.
27/04/2024
Xa rematou
Dende o 20/04/2024 ata o 27/04/2024
Require inscrición.
11.00 a 13.00 h
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
bsagradaf@coruna.gal
981 184392
As Bibliotecas Municipais da Coruña celebrarán a Semana do Libro con actividades literarias do 22 ao 27 de abril baixo o lema “Letras que unen, oficios que inspiran e historias que transforman”. Con actividades para público de todas as idades: talleres, contacontos, recitais, charlas, mostras bibliográficas e presentación do libro o 23 de abril.
Con motivo do Día do Libro 2024, Bea Lema impartirá un taller de ilustración de cómic na biblioteca Sacra Familia.
Bea explora o debuxo e o bordado como soporte das súas ilustracións e cómics, a súa obra é maioritariamente autobiográfica. Foi a primeira muller en gañar o Premio de Banda Deseñada da Deputación Provincial da Coruña. Pola súa obra O Corpo de Cristo, este ano 2024 gañou o Premio do Público no Festival do Cómic de Angulema, un dos festivais internacionais de cómic máis prestixiosos a nivel mundial.
Neste taller as nenas e nenos aprenderán a narrar unha historia persoal a través de debuxos animados. Os participantes completarán un guión, deseño de personaxes e unha páxina de cómic. Como resultado, levaron a casa a súa propio fanzine.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible