Talleres
Infantil
Dirixido a nenos e nenas de 9 a 14 anos
26/10/2022
Xa rematou
Dende o 19/10/2022 ata o 26/10/2022
Require inscrición
18:30 h a 19:30 h
1 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Obradoiro para achegar a ciencia á rapazada dentro do centro de interese CienciaPro.
O mércores 26 de outubro ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o obradoiro "A ciencia de Harry Potter" para rapazada de 9 a 14 anos no que nos aproximamos ás novelas da famosa saga cun enfoque científico.
Percorreremos situacións, espazos, personaxes... analizando se o que lemos nas obras ten base científica... ou se é maxia. Experimentaremos con xeradores que porán os pelos de punta, crearemos feitizos e descubriremos misteriosamente moitas outras sorprendentes experiencias.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible