Bebeteca
Bebés, Familias
Bebés de 0 a 24 meses.
25/05/2024
Dende o 18/05/2024 ata o 25/05/2024
Require inscrición.
11.30 horas.
981 184 298
Porque non é demasiado cedo para descubrir as palabras, o ritmo e as historias!
O sábado 25 de maio ás 11:30 h. na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano, recibimos a Trémola Teatro co seu contacontos Leo e a música. Espectáculo para bebés programado para para celebrar o bebencontro final da tempada 2023/2024.
Inscrición previa para bebés de 0 a 24 meses.
Queres saber ...
En que consisten os bebencontros?
Sesións dirixidas a familias con bebés entre 0 e 24 meses. Nelas móstraselles aos pais e nais que facer cos libros, as historias, as cancións, os contos... nestas primeiras idades.
Nestas reunións de pais, nais, bibliotecarios/as e bebés escóitanse, míranse e manipúlanse libros, apréndense cancións, explórase e experiméntase.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible