Visita o álbum de fotos desta actividade
Contacontos
Familias
De 2 a 3 anos
16/05/2024
Xa rematou
Dende o 09/05/2024 ata o 16/05/2024
18.00 horas
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña
981184390
Sesións cheas de libros e música, nas que rodeados de contos compartiremos historias e moitas melodías
Festa final do programa CantoConto! na Biblioteca Castrillón. O xoves 16 de maio ás 18 h. recibiremos a Bea Campos da compañía Migallas Teatro co seu espectáculo "Entre arrolos e Contiños"
"Abre os ollos,
as orellas,o nariz e a boca xa,
entre arrolos e contiños,
a sesión vai comezar".
Entre arrolos e contiños é unha actividade na que os nenos compartirán con aqueles que os coidan e os educan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns; espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura, a música e a tradición oral.
Queres saber ...
En que consiste CantoConto!?
Programa de animación á lectura dirixido a familias con crianzas de 2 e 3 anos no que achegaremos os libros e a música dunha maneira atractiva e lúdica. Compartiremos contos, cancións, ladaíñas, poesías,... para iniciar o camiño do hábito lector.
Só os nenos e as nenas necesitan inscrición. Unha mesma persoa poderá realizar un máximo de 2 inscricións por sesión.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible